jueves, 14 de diciembre de 2017
O nadal do Apalpador de Barafunda
Por todas e todos é coñecida a nosa devoción por este entrañable personaxe do nadal galego!! Un home, de profesión carboeiro, amable e bonachón que vive nos montes do Courel e que baixa no nadal para repartir castañas e xoguetes de madeira ás nenas e nenos mentres durmen.
Por aquí vos achegamos algunhas das datas que ten o Apalpador de Barafunda para este nadal! Temos algunhas visitas do Apalpador en solitario, acompañado do seu séquito e tamén o noso contacontos (do que tamén temos o conto editoado) Antón e o Apalpador. Tomade nota!
21- decembro- Visita do Apalpador no EEI Monte da Guía.
22-decembro- DÍA DO APALPADOR
22- decembro- contacontos Antón e o Apalpador na zona peonil do Calvario ás 12:00h.
22- decembro- visita do Apalpador en Barbadás ás 19:00h.
23- decembro- visita do Apalpador en Xinzo de Limia ás 11:00h.
23- decembro- Visita do Apalpador e do seu séquito polas rúas de Padrón ás 19:00h.
23- decembro- contacontos Antón e o Apalpador no Centro cultural As Pedriñas (Tameiga, Mos) 18:00h.
26- decembro- contacontos Antón e o Apalpador en Cambados.
E como non somos @s únic@s "fans" do Apalpador, vos deixamos para que lle botedes un ollo a páxina Apalpador.gal , onde podedes enviar a vosa carta ao Apalpador, atopar contidos interesantes sobre esta personaxe, así como unha axenda con TOOOOODOS OS EVENTOS DO APALPADOR EN GALICIA!!! Un traballazo que hai que agradecer e sobre todo partillar!!
Boas festas e moitísima barafunda para tod@s!!
Etiquetas:
animación,
Animación Infantil,
Antón e o Apalpador,
Apalpador,
Barbadás,
Calvario,
Contacontos,
contos,
Día do Apalpador,
espectáculo,
nadal,
O Apalpador,
Padrón,
Vigo,
Xinzo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario