google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: marzo 2012

viernes, 30 de marzo de 2012

Barafunda Recors!!!

         Si, si, como o ledes!! Barafunda, no seu compromiso coa cultura galega, crea o seu propio selo discográfico "Barafunda Recors"


Este proxecto xorde para satisfacer a demanda dun respaldo legal para os grupos musicais emerxentes. Na procura de crear proxectos integrais creamos este selo discográfico, que xunto á editorial e ó departamento de animación, supoñen unha forte aposta pola cultura galega.

O noso primeiro fichaxe é o grupo vigués Inerttes, unha banda que agardamos logre novos éxitos. E así o recolle hoxe mesmo o Faro de Vigo:


Así que xa o sabedes, esta noite ás 23:00h. estaremos na Sala Playmovil (Vigo) presentando o noso novo proxecto. Vémonos alí!!! 

E por último lembrade que xa temos páxina de facebook. Agregádenos para estar ó tanto de tódalas novas aquí  :)

miércoles, 28 de marzo de 2012

OnArt2012

       Barafunda estivemos en OnArt 2012, a Convención Española de Artistas do globo, en Vilaseca (Tarragona)  os días 23, 24 e 25 de marzo. 
Nesta convención presentáronse novos e sorprendentes deseños con globos e impartíronse numerosas clases prácticas ofrecidas por algúns dos instrutores profesionais máis dinámicos da actualidade mundial.
Cabe destacar as clases mestras de Hyun-gu Park (Corea), Colin Myles (Escocia), Antonio Becarés (España), Pascal Grooten (Bélxica), Laura Sánchez (España), Jose María Álvarez (España) e Cristina Cano (España).
Competicións de centros de mesa e figuras de globoflexia, sala de prácticas, zona de globoflexia, cena de gala,...tamén formaron parte desta convención.

Para máis foto clik aquí

       Puidemos gozar duns días inesquecibles e moi produtivos onde aprendemos e intercambiamos moita información sobre o máxico mundo dos globos. Participaron empresas e profesionais de toda España e Portugal, có obxectivo de mellorar a nosa formación na construción con globos, e creamos fortes lazos de amistade por toda a península e as illas.

          Dende Barafunda queremos agradecer e felicitar ós organizadores do evento, Globofiesta Party S.L., polo seu esforzo para que a convención deste ano fora un rotundo éxito.