google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: noviembre 2017

miércoles, 22 de noviembre de 2017

CULTURGAL 2017

Xa está aquí, xa chegou... O CULTURGAL 2017!!!!

E nós como somos unh@s namorad@s da nosa terriña e de todo canto se fai nela, non podiamos perder a nosa cita anual coa Feira de Industrias Culturais máis grande do país!! Coma tódolos anos estaremos os tres días, do venres 1 de decembro ata o domingo 3 no noso stand. Que teremos preparado este ano??


Ademais das actividades oficiais, como son as visitas guiadas para os coles o venres pola mañá, temos moitas cousiñas preparadas!! Tomade nota!

Para o venres á tarde, de 17:00h a 20:00h, pintacaras para @s máis peques coa nosa querida Marian Simon! 



Por outra banda o sábado de 12:00h a 13:00h teremos para tod@@s amantes da literatura e a ilustración galega, a firma de libros d@s autor@s do conto infantil O censor de monstros, Patricia G. Varela e David Bastos.


Pero ei! Que a cousa non acaba aquí!!! Pois, na tardiña, non vos podedes perder ás 20:30 o espectáculo de clown "Globotolo", que de seguro lle sacará un sorriso a grandes e pequen@s!

Ao día seguinte, o domingo ás 12:00h teremos novamente unha sinatura de contos, esta vez coa visita de Francisco Ameixeiras, o ilustrador de nada máis e nada menos que de Pepiña Maruxiña quere voar, Antón e o Apalpador, e a Casa do rato Renato. Unha marabilla de contos!!



E para finalizar este evento con toda a ledicia do mundo, durante a tarde do domingo haberá globoflexia da man d@s nos@s monis. Quen sabe con que formas nos sorprenderán??

Así que xa sabedes!! Reservade na axenda estes diíñas, que temos moitas sorpresas e moita Barafunda para repartir!!