Mostrando entradas con la etiqueta Apalpador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apalpador. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de diciembre de 2017
O nadal do Apalpador de Barafunda
Por todas e todos é coñecida a nosa devoción por este entrañable personaxe do nadal galego!! Un home, de profesión carboeiro, amable e bonachón que vive nos montes do Courel e que baixa no nadal para repartir castañas e xoguetes de madeira ás nenas e nenos mentres durmen.
Por aquí vos achegamos algunhas das datas que ten o Apalpador de Barafunda para este nadal! Temos algunhas visitas do Apalpador en solitario, acompañado do seu séquito e tamén o noso contacontos (do que tamén temos o conto editoado) Antón e o Apalpador. Tomade nota!
21- decembro- Visita do Apalpador no EEI Monte da Guía.
22-decembro- DÍA DO APALPADOR
22- decembro- contacontos Antón e o Apalpador na zona peonil do Calvario ás 12:00h.
22- decembro- visita do Apalpador en Barbadás ás 19:00h.
23- decembro- visita do Apalpador en Xinzo de Limia ás 11:00h.
23- decembro- Visita do Apalpador e do seu séquito polas rúas de Padrón ás 19:00h.
23- decembro- contacontos Antón e o Apalpador no Centro cultural As Pedriñas (Tameiga, Mos) 18:00h.
26- decembro- contacontos Antón e o Apalpador en Cambados.
E como non somos @s únic@s "fans" do Apalpador, vos deixamos para que lle botedes un ollo a páxina Apalpador.gal , onde podedes enviar a vosa carta ao Apalpador, atopar contidos interesantes sobre esta personaxe, así como unha axenda con TOOOOODOS OS EVENTOS DO APALPADOR EN GALICIA!!! Un traballazo que hai que agradecer e sobre todo partillar!!
Boas festas e moitísima barafunda para tod@s!!
Etiquetas:
animación,
Animación Infantil,
Antón e o Apalpador,
Apalpador,
Barbadás,
Calvario,
Contacontos,
contos,
Día do Apalpador,
espectáculo,
nadal,
O Apalpador,
Padrón,
Vigo,
Xinzo
miércoles, 22 de noviembre de 2017
CULTURGAL 2017
Xa está aquí, xa chegou... O CULTURGAL 2017!!!!
E nós como somos unh@s namorad@s da nosa terriña e de todo canto
se fai nela, non podiamos perder a nosa cita anual coa Feira de Industrias
Culturais máis grande do país!! Coma tódolos anos estaremos os tres días, do venres 1 de decembro
ata o domingo 3 no noso stand. Que teremos preparado este ano??
Ademais das actividades oficiais, como son as visitas
guiadas para os coles o venres pola mañá, temos moitas cousiñas preparadas!! Tomade nota!
Para o venres á tarde, de 17:00h a 20:00h, pintacaras para @s máis peques coa nosa querida Marian Simon!
Para o venres á tarde, de 17:00h a 20:00h, pintacaras para @s máis peques coa nosa querida Marian Simon!
Por outra banda o sábado de 12:00h a 13:00h teremos para tod@s @s amantes da literatura e a ilustración galega, a firma de libros d@s autor@s do conto infantil O censor de monstros, Patricia G. Varela e David Bastos.
Pero ei! Que a cousa non acaba aquí!!! Pois, na tardiña, non vos podedes perder ás 20:30 o espectáculo de clown "Globotolo", que de seguro lle sacará un sorriso a grandes e pequen@s!
Ao día seguinte, o domingo ás 12:00h teremos novamente unha sinatura de contos, esta vez coa visita de Francisco Ameixeiras, o ilustrador de nada máis e nada menos que de Pepiña
Maruxiña quere voar, Antón e o
Apalpador, e a Casa do rato Renato. Unha marabilla de contos!!
E para finalizar este evento con toda a ledicia do mundo, durante a tarde do domingo haberá globoflexia da man d@s nos@s monis. Quen sabe con que formas nos sorprenderán??
Así que xa sabedes!! Reservade na axenda estes diíñas, que temos moitas sorpresas e moita Barafunda para repartir!!
Así que xa sabedes!! Reservade na axenda estes diíñas, que temos moitas sorpresas e moita Barafunda para repartir!!
Etiquetas:
Animación Infantil,
Apalpador,
cultura,
Culturgal,
editorial,
Galicia,
globoflexia,
globos,
Globotolo,
Literatura Galega,
Literatura Infantil,
Pazo da Cultura,
Pontevedra
miércoles, 21 de diciembre de 2016
O día do Apalpador
Xa levamos uns aniños participando desta festa tan bonita adicada ao noso benquerido Apalpador! Este ano non iamos ser menos!
O venres 23 de decembro o Casco Vello de Vigo prepárase para recibir á figura máis senlleira do Nadal galego! Obradoiros, contacontos, música, baile, castañas e moitas máis sorpresas para recibir ao Apalpador!!
Botádelle un ollo ao cartaz tan bonitiño e non perdades detalle de tódalas actividades:
Ademais sodes moitas e moitos @s que preguntades onde podedes facervos cunha camisola do Apalpador, pois o venres estarán á venda por 10 euriños. Bulide porque... quítannolas das mans!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





