google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: Día do Apalpador
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Apalpador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Apalpador. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de diciembre de 2017

O nadal do Apalpador de Barafunda



Por todas e todos é coñecida a nosa devoción por este entrañable personaxe do nadal galego!! Un home, de profesión carboeiro, amable e bonachón que vive nos montes do Courel e que baixa no nadal para repartir castañas e xoguetes de madeira ás nenas e nenos mentres durmen.

Por aquí vos achegamos algunhas das datas que ten o Apalpador de Barafunda para este nadal! Temos algunhas visitas do Apalpador en solitario, acompañado do seu séquito e tamén o noso contacontos (do que tamén temos o conto editoado) Antón e o Apalpador. Tomade nota!



21- decembro- Visita do Apalpador no EEI Monte da Guía.

22-decembro- DÍA DO APALPADOR

22- decembro- contacontos Antón e o Apalpador na zona peonil do Calvario ás 12:00h.

22- decembro- visita do Apalpador en Barbadás ás 19:00h.

23- decembro- visita do Apalpador en Xinzo de Limia ás 11:00h.

23- decembro- Visita do Apalpador e do seu séquito polas rúas de Padrón ás 19:00h.

23- decembro- contacontos Antón e o Apalpador no Centro cultural As Pedriñas (Tameiga, Mos) 18:00h.

26- decembro- contacontos Antón e o Apalpador en Cambados.

E como non somos @s únic@s "fans" do Apalpador, vos deixamos para que lle botedes un ollo a páxina Apalpador.gal , onde podedes enviar a vosa carta ao Apalpador, atopar contidos interesantes sobre esta personaxe, así como unha axenda con TOOOOODOS OS EVENTOS DO APALPADOR EN GALICIA!!! Un traballazo que hai que agradecer e sobre todo partillar!!

Boas festas e moitísima barafunda para tod@s!!
 

miércoles, 21 de diciembre de 2016

O día do Apalpador

Xa levamos uns aniños participando desta festa tan bonita adicada ao noso benquerido Apalpador! Este ano non iamos ser menos! 

 O venres 23 de decembro o Casco Vello de Vigo prepárase para recibir á figura máis senlleira do Nadal galego! Obradoiros, contacontos, música, baile, castañas e moitas máis sorpresas para recibir ao Apalpador!! 
Botádelle un ollo ao cartaz tan bonitiño e non perdades detalle de tódalas actividades:


Ademais sodes moitas e moitos @s que preguntades onde podedes facervos cunha camisola do Apalpador, pois o venres estarán á venda por 10 euriños. Bulide porque... quítannolas das mans!! 

martes, 20 de diciembre de 2016

Este nadal... MOITA BARAFUNDA!!


Aquí vos deixamos parte da programación barafundeira para desfrutar destas datas en familia!!



E tamén os obradoiros que temos preparados para @s máis peques da casa!!