google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: cultura
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de noviembre de 2017

CULTURGAL 2017

Xa está aquí, xa chegou... O CULTURGAL 2017!!!!

E nós como somos unh@s namorad@s da nosa terriña e de todo canto se fai nela, non podiamos perder a nosa cita anual coa Feira de Industrias Culturais máis grande do país!! Coma tódolos anos estaremos os tres días, do venres 1 de decembro ata o domingo 3 no noso stand. Que teremos preparado este ano??


Ademais das actividades oficiais, como son as visitas guiadas para os coles o venres pola mañá, temos moitas cousiñas preparadas!! Tomade nota!

Para o venres á tarde, de 17:00h a 20:00h, pintacaras para @s máis peques coa nosa querida Marian Simon! 



Por outra banda o sábado de 12:00h a 13:00h teremos para tod@s @s amantes da literatura e a ilustración galega, a firma de libros d@s autor@s do conto infantil O censor de monstros, Patricia G. Varela e David Bastos.


Pero ei! Que a cousa non acaba aquí!!! Pois, na tardiña, non vos podedes perder ás 20:30 o espectáculo de clown "Globotolo", que de seguro lle sacará un sorriso a grandes e pequen@s!

Ao día seguinte, o domingo ás 12:00h teremos novamente unha sinatura de contos, esta vez coa visita de Francisco Ameixeiras, o ilustrador de nada máis e nada menos que de Pepiña Maruxiña quere voar, Antón e o Apalpador, e a Casa do rato Renato. Unha marabilla de contos!!



E para finalizar este evento con toda a ledicia do mundo, durante a tarde do domingo haberá globoflexia da man d@s nos@s monis. Quen sabe con que formas nos sorprenderán??

Así que xa sabedes!! Reservade na axenda estes diíñas, que temos moitas sorpresas e moita Barafunda para repartir!!




viernes, 30 de marzo de 2012

Barafunda Recors!!!

         Si, si, como o ledes!! Barafunda, no seu compromiso coa cultura galega, crea o seu propio selo discográfico "Barafunda Recors"


Este proxecto xorde para satisfacer a demanda dun respaldo legal para os grupos musicais emerxentes. Na procura de crear proxectos integrais creamos este selo discográfico, que xunto á editorial e ó departamento de animación, supoñen unha forte aposta pola cultura galega.

O noso primeiro fichaxe é o grupo vigués Inerttes, unha banda que agardamos logre novos éxitos. E así o recolle hoxe mesmo o Faro de Vigo:


Así que xa o sabedes, esta noite ás 23:00h. estaremos na Sala Playmovil (Vigo) presentando o noso novo proxecto. Vémonos alí!!! 

E por último lembrade que xa temos páxina de facebook. Agregádenos para estar ó tanto de tódalas novas aquí  :)

miércoles, 7 de septiembre de 2011

PRESENTACIÓN DO NOVO ESPECTÁCULO DE BARAFUNDA
“A QUEIMADA”

Barafunda presentou, no Concello de Nigrán, o seu novo espectáculo “A queimada” obtendo un grande éxito.
         Fieis ó seu compromiso coa cultura galega, Barafunda estivo a preparar durante estes meses unha representación teatralizada sobre a tradición popular galega da queimada. 
         Unha combinación de maxia, lume e son, que fan que o espectador se mergulle no mundo inquedante das meigas, os espíritos e as artes escuras, mentres descubre a cultura da nosa terra así como todos os elementos e simbolismos desta tradición.
         Un espectáculo que coida ata o mínimo detalle, e permítenos saborear unha das nosas sinais de identidade máis representativas.

...POLO PODER DOS ESPÍRITOS
QUE SENTES PERO NON VES,
QUEIMADA EU TE FIXEN,
QUEIMADA TI ES...

Click aquí para ver máis fotos