google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: Barafunda
Mostrando entradas con la etiqueta Barafunda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barafunda. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de agosto de 2017

Barafunda viaxa a Ghana


A nosa queridísima Laura xa levaba tempo coa idea rondando no maxín... quería marchar de voluntariado a Ghana, a levar sorrisos e moitos globos de cores aos nenos e nenas que viven alí!!   
Desde Barafunda quixemos colaborar modestamente con esta aventura tan necesaria como ilusionante. Agardamos que @s peques aprenderan e se divertiran moito nos talleres de globoflexia de Laura!! Por aquí vos deixamos algunhas fotiños que nos fai chegar desde alá:








viernes, 14 de julio de 2017

Barafunda de verán!! Xullo 2017.


Verán é a nosa estación favorita do ano!!! É tempada de campamentos, espectáculos, contacontos, festas, vodas, maxia, obradoiros, sorrisos, diversión, globos e moita, moita, moitííííííííííísima BARAFUNDA!!!

Por aquí vos deixamos algunhas datas que temos previstas para este mes: 


  


Este sábado, 15 xullo, ás 19:30h "Pepiña Maruxiña quere voar" na Praza de Fefiñáns (Cambados)



O martes 18 xullo ás 19:30h "O Censor de Monstros" andará na procura de monstros e moita diversión na Praza da Perillana (Ponteareas).

O martes 25 de xullo ás 18:00h, espectáculo de maxia clown para toda a familia, "Maxia Branca" en Dorrón (Sanxenxo).




 




E o sábado 29 xullo ás 19:00h a nosa "Traíña" máis tola andará animando as rúas de Ponteareas.

martes, 30 de mayo de 2017

Barafunda Medieval e Salvaterra Milenaria


En Barafunda encántanos a Temática Medieval e as festas que recrean esta época.
Como mostra, este pedazo de vídeo da Batalla das Flores do ano pasado en Pontevedra, o noso Dragón custodiado por un auténtico exército cruzado!!




A semana pasada tivemos o pracer de estar en Salvaterra de Miño conmemorando a orixe da Vila. 
Desde Barafunda encargámonos de facer unha representación teatralizada do momento da cesión de
Salvaterra por parte do Rei Bermudo II ao bispo Pedro Martínez de Mosoncio e á igrexa compostelá, hai máis de 1000 anos!! 




Ademais, tamén nos fixemos cargo da ambientación medieval da Fortaleza:






E ao rematar o acto, pasámolo pipa, xogando co@s cativ@s con xoguetes tradicionais:







E por aquí vos deixamos algunhas fotiños ben bonitas que compartiron desde o propio Concello de Salvaterra: 

                  

miércoles, 17 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas con Barafunda

Se nos coñecedes, ou se levades algún tempiño seguíndonos nas redes, ben saberedes o amor que desde Barafunda lle profesamos a nosa língua! Para nós tódolos días son o Día das Letras Galegas!!



En Barafunda, complementamos a nosa actividade no mundo da animación coa nosa propia Editorial. Desde un principio apostamos pola creación de proxectos integrais, tratando de poñer en valor a nosa cultura e tradición galegas, a literatura e ilustración infantís e @s súas creador@s. 

Por iso este ano estamos especialmente content@s con que se adique este día a Carlos Casares, que entre outros xéneros, cultivou a Literatura Infantil da que tanto gostamos, e moi ben cultivada! "A galiña azul", "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "Un polbo xigante" ou "Lolo anda en bicicleta" entre outras tantísimas obras...


En Barafunda este ano festexamos este día das Letras Galegas cunha cita dobre en Ponteareas!! A partir das 18:00 horas, na Praza Maior, agardámosvos con "Pepiña Maruxiña quere voar" e con "As aventuras de Lela e Lolo"!!

http://www.comarcasnarede.com/index.php/o-condado/item/7030-o-concello-de-ponteareas-e-as-panaderias-difunden-a-figura-de-carlos-casares 

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/05/17/danzas-mundo-espectaculo-infantil-ponteareas/1680499.html

martes, 24 de enero de 2017

Así foi o Nadal 2016-2017 de Barafunda



Queremos facer un pequeno repasiño polas festas do Nadal 2016-2017 de Barafunda, das que aínda estamos a recuperarnos... Foi un nadal moi intenso que non tería sido posible sen o equipazo barafundeiro ao que queremos dar unha e mil veces AS GRAZAS!!

Comezamos lembrando o Parque Xurásico de Nadal, no que ademáis da Dinoescola e o Volcán, levamos a cabo a decoración xurásica, e do que xa vos falamos nesta outra entrada do blogue.





Durante todas as festas estivemos na Zona Náutico, facendo todo tipo de manualidades e divertidísimas animacións de rúa:







Recibimos ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente (aos auténticos) no Corte Inglés e no Auditorio do Concello de Vigo:




E moitas moitas cabalgatas!!! Estivemos en Vigo, na Dinocabalgata, co noso Globosauro, que deu moito que falar:


 

En Rianxo, na fermosa cabalgata con temática mariñeira (Fotos de A Fiestra):



@s nos@s cascarolos desfilaron por Padrón acompañad@s por uns Ogros moi amables:




Polas rúas de Arzúa andiveron Pinocho e compañía derrochando ledicia!!



E as nosas pompeiras encheron Santiago de Compostela de pompas de xabón e de sorrisos!!




Deixamos no tinteiro contacontos, festas e algunha que outra animación de Nadal que fixemos e de todo aquilo que non temos documentos gráficos!! Pero así vos facedes unha idea, grosso modo, de cómo foi o Nadal de Barafunda. 

Comezamos esta entrada dando as grazas e queremos rematala do mesmo xeito. MOITÍSIMAS GRAZAS a tódalas persoas que traballades con nós e a tódalas que confiades en Barafunda, pois nada desto tería sentido sen vós!!






miércoles, 28 de diciembre de 2016

Máis de 10000 globos... Montaxe do Parque Xurásico de Nadal

Estes días o hall do Auditorio Mar de Vigo, converteuse no Parque Xurásico de Nadal!! 

Desde Barafunda estamos moi moi satisfeit@s co resultado da decoración xurásica, pero sobre todo, estamos contentísim@s co equipazo de montaxe que durante tres días dérono todo sen perder o sorriso nin a enerxía en ningún momento!!
Para tod@s el@s, un milleiro de grazas!! É un verdadeiro pracer traballar agusto e conseguir resultados tan ESPECTACULARES!! 










Foron moitas horas de traballo, máis de 10000 globos inflados, moito esparadrapo nas mans, pero... cremos que o esforzo valeu a pena!!  Agora tócalles desfrutar aos cativos e cativas da casa!!
E a vós?? Que vos parece o resultado final?