google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: 2018

miércoles, 18 de abril de 2018

SAN SIMÓN, V CAMPAMENTO PIRATA DE BARAFUNDA!



Un ano máis... volta o tan esperado CAMPAMENTO PIRATA de Barafunda na Illa de San Simón!!



Abrimos inscricións para a V edición do campamento pirata máis divertido do verán!! Este ano combinaremos actividades acuáticas (paddle surf e kayak) con divertidísimas actividades, xogos en inglés, obradoiro de cociña, astronomía e... gravaremos unha curta!

Unha semana curta pero intensa, chea de emocións, aventuras e diversión!




Se facedes click aquí accededes directamente á plataforma de inscrición. Para reservar praza precisamos os datos que nela solicitamos, unha copia da tarxeta sanitaria d@ participante no campamento e o xustificante bancario do pagamento (pódese facer fraccionado en dúas cotas).
 E por aquí vos deixamos o video promocional do campamento, para que vos fagades unha idea da experiencia!




Calqueira cuestión non dubidedes en contactar con nós, ben a través d noso Facebook, por correo electrónico escribindo a barafunda@barafundaanimacion.com ou chamando ao 986221218.
Non quededes sen praza!!



lunes, 19 de febrero de 2018

Grandes decoracións con globos: O MUNDO DO XEO!


Das cousas que máis desfrutamos do noso traballo, son as montaxes de globos, canto máis grande mellor o pasamos!! A nosa superequipa traballa sen descanso, pero o esforzo e as horas merecen a pena con resultados coma o do Mundo do Xeo, o paraíso invernal que se ubicou no Auditorio do Mar de Vigo o pasado Nadal.
Agora que saiu o soliño aínda que as temperaturas seguen sen subir, abrigádevos ben, collede unha mantiña e unha bebida quente e a desfrutar!!























E aquí o resultado final... Que vos parece?? Estaremos encantad@s de ler as vosas opinións nos comentarios!!



jueves, 8 de febrero de 2018

Barafunda de entroido!!



VENRES:

Rúa Peonil do Calvario a partir das 12:00h
Arrancamos o ENTROIDO xogando en casa, co noso xa tradicional desfile pola rúa peonil do Calvario acompañando á rapazada do CEIP O POMBAL. Con que disfraces nos soprenderán este ano??

Colexio Rosalía de Castro:
Espectáculo: Preséntame un Pallaso para a rapazada do colexio Rosalía de Castro.


 

Salvaterra de Miño, pavillón de Leirado.
Desfile coa rapazada dos colexios do Concello de Salvaterra, presentación e xogos musicais!!


SÁBADO:

Pavillón Municipal de Baiona ás 18:00h
O sábado en Baiona a música e a festa corren da nosa parte!! Discomóbil con xogos, pompas e moitísima diversión!!! Ademáis da discomóbil haberá inchables e antes das 18:00h obradoiros e outras actividades.


DOMINGO:

Porta do Sol, Vigo ás 17:00h

Contacontos: O CENSOR DE MONSTROS. Fagamos un percorrido co avó Cristovo e coñezamos aos monstros e as personaxes típicas galegas!!





Asociación de veciños O Freixo ás 17:30h

Na asociación de veciños de O Freixo, Valadares, estará o Gran Xabi co seu espectáculo no que mestura maxia, ilusión e risas a gargalladas!




LUNS:

Lonxa do Concello de Vigo ás 17:00h
GLOBOTOLO, espectáculo de globos!! No que descubriredes a cantidade de posibilidades que pode ter un globo.

Praza do mercado de Teis ás 17:00h
Desfile de entroido da rapazada do Monte da Guía presentado polo Gran Xabi e espectáculo de Maxia ao rematar!

MARTES:

Lonxa do Concello de Vigo ás 17:30h
Bambolina, espectáculo clown!!

 

Desfile de entroido no concello de Dodro ás 17:00h
Desfile de entroido presentado polo Gran Xabi!







viernes, 12 de enero de 2018

Nadal 2017-2018

Fáisenos moi difícil facer un resumo desta campaña do Nadal 2017-2018. Foi máis dun mes de actividades, contacontos, espectáculos, montaxes, desmontaxes, globos, ilusión, planificación, loxística, furgo para arriba e para abaixo... E un ano máis, sobrevivimos!!

Por suposto, e coma sempre, nada tería sido posible sen a GRAN FAMILIA BARAFUNDEIRA, a nosa super equipa de monitoras e monitores, a tod@s vós queremos darvolas GRAZAS DE CORAZÓN!! Grazas por un boísimo traballo, polas vosas ganas e pola ilusión que poñedes en cada actividade e en cada proxecto; e por suposto queremos darvos grazas por facelo todo sempre cun enorme sorriso! Porque facedes que traballar SEXA UN GUSTAZO  E UN PRACER!!

Deixamos unha escolma de imaxes que pretenden resumir estas semanas de duro traballo e esforzo, pero tamén de ilusión, maxia e moita BARAFUNDA!

ANIMACIÓNS E PERSONAXES DO NADAL:
 

MONTAXES DE GLOBOS:
 

PROGRAMA XUNT@S POLO NADAL:


OBRADOIROS:




ESPECTÁCULOS:


CABALGATAS:



COMPOSTELA:


SARRIA:


ARZÚA: 

VIGO: