google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: mayo 2017

martes, 30 de mayo de 2017

Barafunda Medieval e Salvaterra Milenaria


En Barafunda encántanos a Temática Medieval e as festas que recrean esta época.
Como mostra, este pedazo de vídeo da Batalla das Flores do ano pasado en Pontevedra, o noso Dragón custodiado por un auténtico exército cruzado!!




A semana pasada tivemos o pracer de estar en Salvaterra de Miño conmemorando a orixe da Vila. 
Desde Barafunda encargámonos de facer unha representación teatralizada do momento da cesión de
Salvaterra por parte do Rei Bermudo II ao bispo Pedro Martínez de Mosoncio e á igrexa compostelá, hai máis de 1000 anos!! 




Ademais, tamén nos fixemos cargo da ambientación medieval da Fortaleza:






E ao rematar o acto, pasámolo pipa, xogando co@s cativ@s con xoguetes tradicionais:







E por aquí vos deixamos algunhas fotiños ben bonitas que compartiron desde o propio Concello de Salvaterra: 

                  

miércoles, 17 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas con Barafunda

Se nos coñecedes, ou se levades algún tempiño seguíndonos nas redes, ben saberedes o amor que desde Barafunda lle profesamos a nosa língua! Para nós tódolos días son o Día das Letras Galegas!!



En Barafunda, complementamos a nosa actividade no mundo da animación coa nosa propia Editorial. Desde un principio apostamos pola creación de proxectos integrais, tratando de poñer en valor a nosa cultura e tradición galegas, a literatura e ilustración infantís e @s súas creador@s. 

Por iso este ano estamos especialmente content@s con que se adique este día a Carlos Casares, que entre outros xéneros, cultivou a Literatura Infantil da que tanto gostamos, e moi ben cultivada! "A galiña azul", "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "Un polbo xigante" ou "Lolo anda en bicicleta" entre outras tantísimas obras...


En Barafunda este ano festexamos este día das Letras Galegas cunha cita dobre en Ponteareas!! A partir das 18:00 horas, na Praza Maior, agardámosvos con "Pepiña Maruxiña quere voar" e con "As aventuras de Lela e Lolo"!!

http://www.comarcasnarede.com/index.php/o-condado/item/7030-o-concello-de-ponteareas-e-as-panaderias-difunden-a-figura-de-carlos-casares 

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/05/17/danzas-mundo-espectaculo-infantil-ponteareas/1680499.html

miércoles, 10 de mayo de 2017

Campamento Arenteiro Rock

Chega por vez primeira a Barafunda o CAMPAMENTO ROCK!!! 

Do 23 ao 30 de xullo, nas instalacións do colexio Vila de Arenteiro, O Carballiño, @s peques da casa terán a oportunidade de convertirse en auténticas estrelas do Rock!! 



Desde Barafunda cremos que a música é quen de promover formas reais de ocio no tempo libre, á vez que contribúe a unha formación completa das cativas e cativos.

O Campamento Arenteiro Rock está pensado para formar musicalmente ás nenas e nenos desde un punto de vista lúdico, construindo unha experiencia completa e inesquecible!!



Tod@s @s participantes experimentarán cos diferentes instrumentos, ademáis cada día estará adicado a unha década (desde os anos 50 ata a actualidade). Así nunha semana os nenos e nenas acadarán unha visión xeral e motivadora da historia do rock, chegando a formar as súas propias bandas emulando aos seus ídolos e creando composicións propias. 
Para que vos fagades una idea de que ben o pasan @s peques experimentando coa música, deixámosvos unas imaxes da Escola Rock que levamos a cabo no Parque Infantil de Nadal de Vigo no 2014: 



Para reservar praza ou para c
alquera dúbida que teñades, consultádenos en barafunda@barafundaanimacion.com ou no 986221218 sen compromiso algún!

Longa vida ao Rock and Roll!!!