google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: enero 2013

lunes, 28 de enero de 2013

A pequena Atlántida

Como adiantabamos no noso facebook, comezamos proxecto novo!

Tódolos venres estaremos de 18:00h a 20:30h no "Club Infantil pequeVía" do Centro Comercial Gran Vía (local 2, segunda planta). 
A pequena Atlántida, que así se chama, é un espazo ambientado no fondo mariño, para que os nen@s de 2 a 10 anos poidan entreterse mentres os maiores van de compras. Alí faremos divertidísimas danzas, obradoiros incribles e os xogos máis animados!!


Cada mes estará adicado a unha temática, e cada venres a unha subtemática. A continuación podedes ver a programación de febreiro, baseada nas artes escénicas. Concretamente, o primeiro venres de febreiro o adicaremos ó teatro. 




Participar é de balde, e existe un aforo máximo de 20 nen@s. Así que se non queres quedar sen a túa praza... agardámoste ás 18:00h en puntiño o 1 de febreiro! Ademais, por ser a inauguración da Pequena atlántida, haberá unha sorpresa! 

Quen se apunta a pasalo xenial con Barafunda cada vernes??



viernes, 25 de enero de 2013

Polbo xigante

Como moitos sabedes, Barafunda presentamos o polbo xigante de globos na Cabalgata de Reis de Vigo.
Os seus 4´5 metros de altura e os raxos de 10 metros de lonxitude, fixeron deste polbo o ser mariño máis grande desta cabalgata. Para facelo realidade empregáronse máis de 3.000 globos movidos por 9 animadores caracterizados de mergulladores, que ó ritmo da Charanga Barafunda, transportaban o polbo e interactuaban co numeroso público.

Aquí un videoresumo  que o demostra:




martes, 22 de enero de 2013

Proxecto CONTA E CANTA

Hoxe queremos presentarvos o proxecto CONTA e CANTA. Foi levado a cabo en maio do ano pasado nos cines Yelmo.

Un total de 1.800 nen@s de colexios vigueses, acompañados polos seus mestr@s, acudiron repatirdos en seis días ós cines Yemo. Os alumn@s de infantil visionaban curtametraxes en galego, os de primaria longametraxes; ambas proxección trataban contos populares de distintas partes do mundo.

E despois.... todos a CANTAR e XOGAR con Barafunda!!! O galo pinto, o peixiño, a tenda de churros e moitas máis!! 

Aquí tendes o video que amosa un pequeno resumo!!!


miércoles, 16 de enero de 2013

PINVI 2013

Xa estamos de volta!! O ritmo de traballo do Nadal non nos permitiu pasar antes por aquí.
Vos preguntaredes que estivemos facendo para estar tan ocupados. Como sempre nos gusta dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras. Así que vos presentamos o vídeo dun dos proxectos nos que estivemos traballando: O PINVI 2013.



Unha ludoteca ambientada nunha granxa e cinco obradoiros baixo a temática das profesións (pasteleiro, pintor, escultor, labrego e pescador) foron as nosas propostas para o Parque Infantil de Nadal de Vigo (PINVI)  no Auditorio Mar de Vigo.

Fostes moitos os que vos pasáchedes polas actividades, tantos que tivemos que mercar máis existencias!! Tamén moitos os que repetiades todos os días, os que nos dábades as vosas felicitacións, os que fixestes fermosos cadros , esculturas incríbles ou saborosas galletas Así que a todos vós GRACIAS por participar!! 

E se queres seguir ó tanto das nosas actividades lembra que podes atoparnos no noso facebook.