Fáisenos moi difícil facer un resumo desta campaña do Nadal 2017-2018. Foi máis dun mes de actividades, contacontos, espectáculos, montaxes, desmontaxes, globos, ilusión, planificación, loxística, furgo para arriba e para abaixo... E un ano máis, sobrevivimos!!
Por suposto, e coma sempre, nada tería sido posible sen a GRAN FAMILIA BARAFUNDEIRA, a nosa super equipa de monitoras e monitores, a tod@s vós queremos darvolas GRAZAS DE CORAZÓN!! Grazas por un boísimo traballo, polas vosas ganas e pola ilusión que poñedes en cada actividade e en cada proxecto; e por suposto queremos darvos grazas por facelo todo sempre cun enorme sorriso! Porque facedes que traballar SEXA UN GUSTAZO E UN PRACER!!
Deixamos unha escolma de imaxes que pretenden resumir estas semanas de
duro traballo e esforzo, pero tamén de ilusión, maxia e moita BARAFUNDA!
ANIMACIÓNS E PERSONAXES DO NADAL:

MONTAXES DE GLOBOS:
PROGRAMA XUNT@S POLO NADAL:
ESPECTÁCULOS:
CABALGATAS:
COMPOSTELA:
SARRIA:
ARZÚA:
VIGO: