google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

miércoles, 10 de octubre de 2012

Xira interestelar!! 1ª parada: Concello de Nigrán

Tralo éxito do 2011... 

volve a  XIRA INTERESTELAR!!!

Percorreremos varios concellos cos espectáculos "As aventuras de Lila e Lolo" e "Maxia Branca". 

A primeira parada da Xira é esta fin de semana no Salón de Actos do Concello de NIGRÁN: o sábado 13 estaremos con "As aventuras de Lila e Lolo" e o domingo 14 con "Maxia Branca".





Por suposto, a prezos populares para que ninguén quede coas ganas de ir:
- Ata dous anos: de balde.
- De dous a 16 anos: 3€
- Maiores de 16 anos: 5€


Ambos espectáculos comezan ás 18:30h, puidendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.




Colabora: Concello de Nigrán



viernes, 5 de octubre de 2012

Batalla das flores 2012

Tralo adiato das fotos da Batalla das flores de Pontevedra no noso facebook... 

o vídeo!!!

Nel podedes ver todo o proceso: dende a montaxe dos globos, pasando pola maquillaxe, ata o propio desfile.

Como vedes, non o pasamos nada mal!! ;) 

¿Que vos parece?, ¿vos gustaría participar o próximo ano?






Agradecementos a "Las viudas de Gila" por pasar eses días con nós para poder facer o vídeo. 


martes, 19 de junio de 2012

Coa auga non se xoga!.... ¿ou si?

Fai uns días estivemos cos nen@s do 4º curso do cole Otero Pedrayo nas instalacións de Aqualia con motivo do Día mundial do medioambiente. 

Pasámonolo xenial xogando a "Coa auga non se xoga" e superando as divertidísimas probas!! 


Ó redor dun taboleiro xigante cada equipo tratou de amosar os seus coñecementos medioambientais mentres Lolo quería botar unha man sendo o azafato da presentadora. Pero, como podedes ver nos seguintes vídeos, máis que axudar estaba a enredar todo o tempo!!



Podedes ver outro vídeo facendo click  aquí  (a partir do minuto 6:30).


Dende Barafunda vos animamos a todos a facer un consumo responsable dos nosos recursos :)



miércoles, 13 de junio de 2012

Curso monitores de tempo libre 2012

Como sabedes, Barafunda colaboramos coa Escola de Tempo Libre Fervenza. Se queres aprender globoflexia, danzas e cancións, obradoiros, grandes xogos... e todo o necesario para ser un/ha gran monitor/a de tempo libre, podedes apuntarvos ó curso de monitores deste verán, co que se obtén a titulación oficial da Xunta.


Para máis info chamar ó 606 321 636 ou escribide a fervenza@arrakis.es.


Deixamos unhas fotos do curso pasado para que vexades que ben nolo pasamos ;)



Para máis fotos click AQUÍ



Vémonos no curso!!! :)






miércoles, 30 de mayo de 2012

Vídeo Maxia Branca


Xa vos podemos amosar o vídeo do espectáculo Maxia Branca!! Onde o mago Xabi, o pallaso Lolo e a coella Blanca Houdini fan as decilias dos máis pequenos e sorprenden ós máis grandes. 


Se tras ver o vídeo quedas con ganas de saber máis das andanzas de Lolo e Xabi... segue o  noso Facebook para estar ó tanto das próximas actuacións!!  


Dende aquí aproveitamos para dar as gracias unha vez máis a todo o equipo que fixo posible esta reportaxe :)





miércoles, 18 de abril de 2012

Presentación "Xan das Ondas"

Este domingo presentamos o novo contacontos "Xan das Ondas"!!!


Nesta ocasión coñeceremos a Xan, un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar ó mar da súa doenza?

Se queres saber se o logra, ¡non podes faltar!


¿Cando? O domingo 22 ás 18:00 h. (apertura de portas ás 17:45h. ata completar o aforo: 120 persoas)
¿Onde? No Museo Verbum (Avda. de Samil, 17. Vigo)
¿Para quen? Para público familiar. Haberá intérprete de lingua de signos.
¿Por canto? De balde


viernes, 30 de marzo de 2012

Barafunda Recors!!!

         Si, si, como o ledes!! Barafunda, no seu compromiso coa cultura galega, crea o seu propio selo discográfico "Barafunda Recors"


Este proxecto xorde para satisfacer a demanda dun respaldo legal para os grupos musicais emerxentes. Na procura de crear proxectos integrais creamos este selo discográfico, que xunto á editorial e ó departamento de animación, supoñen unha forte aposta pola cultura galega.

O noso primeiro fichaxe é o grupo vigués Inerttes, unha banda que agardamos logre novos éxitos. E así o recolle hoxe mesmo o Faro de Vigo:


Así que xa o sabedes, esta noite ás 23:00h. estaremos na Sala Playmovil (Vigo) presentando o noso novo proxecto. Vémonos alí!!! 

E por último lembrade que xa temos páxina de facebook. Agregádenos para estar ó tanto de tódalas novas aquí  :)