google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

viernes, 3 de mayo de 2013

Espectáculos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada)

O pasado día 24 estivemos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada) con dous espectáculos.

Para os máis pequenos, os alumnos de educación infantil, representamos o espectáculo "Pepiña Maruxiña quere voar". 



Click aquí para ver máis fotos


Despois, para os alumnos de educación primaria levamos o espectáculo "Preséntame un pallaso". 

Click aquí para ver máis fotos


O asombro, a alegría e a tenrura que transmiten estes espectáculos reflectiuse nas caras dos  alumnos e profes durante toda a xornada. 

Dende aquí queremos agradecer ó Colexio, e especialmente ó ANPA,  por contar con nós para facer dese día un día diferente e, sobre todo, moi especial. 


martes, 9 de abril de 2013

Anunciamos os nosos cursos!!!

A través do noso facebook fómosvolo adiantando e agora ímolo explicar con detalle.  

Barafunda, no noso compromiso coa formación e actualización de coñecementos, colabora co Centro de Formación Divino Maestro realizando cursos de formación continua para activos. 


Estes cursos poden ser bonificados pola Fundación Tripartita a través das cotas da Seguridade Social. Isto quere dicir, que poden saírche totalmente de balde. 

Que é a formación bonificada?? É a que as empresas poñen a disposición dos seus traballadores a custo cero, con cargo ás bonificacións á Seguridade Social. Todas as empresas contan cunha cota anual para a formación dos seus traballadores (crédito formativo) e se non se consume durante o ano, esa cantidade pérdese. Polo tanto, se traballas por conta allea, os nosos cursos podes facelos a custo cero para ti e para a túa empresa.

No caso de non estar traballando ou ter consumido o crédito formativo, tamén podes realizar os nosos cursos. Nese caso, asumindo o custo da formación.

Os cursos que actualmente temos dispoñibles son:
  • Esculturas con globos
  • Xogos sen xoguetes
  • Danzas e cancións de animacións
  • Decoración con globos
  • Maquillaxe e caracterización
  • Repostería creativa: cupcakes
  • Repostería creativa: galletas
  • Repostería creativa: tartas
  • Feltro
  • Teatro
  • Bolsos e moedeiros
  • Elaboración artesanal de velas
  • Elaboración artesanal de xabóns
  • Arxilas máxicas
  • Amigurimis artesanais
  • Esmalte en frío


E máis concretamente, o próximo curso que temos organizado é de REPOSTERÍA CREATIVA: CUPCAKES o SÁBADO 27 DE ABRIL, de 9:00h a 15:00h. 



Se precisas máis info deste ou doutro curso, podes poñerte en contacto co Xestor de Formación do Centro Divino Maestro: Diego - 654.517.450


E se non atopas o curso que buscas, rétanos a preparalo para ti ;)



miércoles, 20 de marzo de 2013

Promoción especial para amigos do Facebook

Aquí está!!! Como anunciamos no noso facebook temos unha nova campaña para todos os nosos amig@s!!! 

Se estás organizando un aniversario, comuñón, festa familiar... ou calquera outro tipo de evento esta pode ser a túa oportunidade!! Só por ser amig@ do noso facebook terás un 25% de desconto nas nosas tarifas!!!

Dende 90€ podes animar o teu evento e facer del algo único e diferente!! Contacta connosco no 986 221 218 ou en barafunda@barafundaanimacion.com e darémosche toda a info que precises.

So hai dous requisitos:

- Ser amigo do noso facebook: http://www.facebook.com/barafunda.animacion.
- Facer a túa reserva antes do 1 de xuño (a data do evento pode ser posterior).

Quen se apunta a esta super oferta??




jueves, 14 de febrero de 2013

A Charanga Barafunda no Entroido de Ourense

Como vos anunciabamos fai uns días a través do noso facebook, a Charanga Barafunda estivo animando o Entroido de Ourense  coa súa música. 



Foron tres días de actuacións polas rúas da vila, ademais de no palco da Praza Maior para a recepción das carrozas. Aquí podedes ver algunhas fotos da actuación da Charanga no palco:





Quedamos abraiados coa gran afluencia de xente que achegouse ata alí! A praza estaba repleta dun público entregado e con ganas de moita festa que bailaba ó son da Charanga. 



E tampouco nos podemos queixar da participación da xente mentres a charanga percorría as rúas!!  A medida que a charanga avanzaba íanse unindo máis e máis persoas que bailaban e acompañaban á charanga durante o seu percorrido. Aínda que case non se aprecia, no medio desta morea de xente estaba a Charanga:


Por último, queremos dar as grazas a Simón do "Sindicato del Cómic" por deixarnos o seu local á nosa disposición para cambiarnos e gardar o material. 


E por suposto, grazas tamén a todos aqueles que cos seus bailes, cánticos e ganas de pasalo ben fixeron coa Charanga Barafunda toda unha festa!


jueves, 7 de febrero de 2013

Vídeo "As aventuras de Lila e Lolo"

Xa temos novo video de As Aventuras de Lila e Lolo!!! Este foi gravado durante a Xira Interestelar 2012, concretamente na súa parada en A Cañiza. Nel, ademais de fragmentos do espectáculo, pódese ver ó noso presentador o Pallaso Pico.




A próxima cita con Lila e con Lolo é este domingo día 10, ás 17.30h. Estaremos no Centro Cultural de Monteporreiro (Pontevedra) cunha edición especial de "As aventuras de Lila e Lolo". Dúas horas cheas de xogos, sorrisos e moooooooita diversión!!! Por suposto, aberto a todo o públido e de balde!!!





lunes, 28 de enero de 2013

A pequena Atlántida

Como adiantabamos no noso facebook, comezamos proxecto novo!

Tódolos venres estaremos de 18:00h a 20:30h no "Club Infantil pequeVía" do Centro Comercial Gran Vía (local 2, segunda planta). 
A pequena Atlántida, que así se chama, é un espazo ambientado no fondo mariño, para que os nen@s de 2 a 10 anos poidan entreterse mentres os maiores van de compras. Alí faremos divertidísimas danzas, obradoiros incribles e os xogos máis animados!!


Cada mes estará adicado a unha temática, e cada venres a unha subtemática. A continuación podedes ver a programación de febreiro, baseada nas artes escénicas. Concretamente, o primeiro venres de febreiro o adicaremos ó teatro. 




Participar é de balde, e existe un aforo máximo de 20 nen@s. Así que se non queres quedar sen a túa praza... agardámoste ás 18:00h en puntiño o 1 de febreiro! Ademais, por ser a inauguración da Pequena atlántida, haberá unha sorpresa! 

Quen se apunta a pasalo xenial con Barafunda cada vernes??



viernes, 25 de enero de 2013

Polbo xigante

Como moitos sabedes, Barafunda presentamos o polbo xigante de globos na Cabalgata de Reis de Vigo.
Os seus 4´5 metros de altura e os raxos de 10 metros de lonxitude, fixeron deste polbo o ser mariño máis grande desta cabalgata. Para facelo realidade empregáronse máis de 3.000 globos movidos por 9 animadores caracterizados de mergulladores, que ó ritmo da Charanga Barafunda, transportaban o polbo e interactuaban co numeroso público.

Aquí un videoresumo  que o demostra: