google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: Nigrán
Mostrando entradas con la etiqueta Nigrán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nigrán. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de enero de 2012

Xa as temos!!

Por fin vos podemos amosar as imaxes das cabalgatas de reis nas que Barafunda participou!! 

O día 5 poidechedes vernos como ven sendo tradición na cabalgata de Vigo. Pero ademais este ano, por primeira vez, as nosas creacións con globos percorreron as rúas de Nigrán e Ourense. 
Ademais, tamén vos amosamos os obradoiros infantís que fixemos na lonxa do Concello de Vigo.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras,  velaquí un montón de imaxes!!! 

lunes, 11 de julio de 2011

Gañadores do I Concurso Literario de Relato Curto e Conto en Galego

Se fai uns meses presentabamos o I Concurso Literario de Relato Curto e Conto en Galego, hoxe volvemos a falar del para amosar ós gañadores. 

Durante o acto de entrega dos premios, cada participante puido ler un fragmento da súa obra para amosala ó público alí presente.
Tamén o xurado, formado por un representante do Concello de Nigrán, outro da Asociación Veciñal Dunas de Nigrán, o escritor Artur Alonso Novelhe, e un representante da editorial Barafunda; tivo o seu momento para dicir unhas palabras, destacando aquelas de agradecemento. 

Chegado o momento de descubrir os gañadores, este foi o faio do xurado:

1º PREMIO: “Conto de Abril” de Isabel Blanco Franco

2º PREMIO: "O Muíño de Cibrán” de Gael Fernández Castro

3º PREMIO: “Ata logo” de Francisco Javier Sánchez González


Ademais, unha agrupación de música tradicional amenizou a xornada completando un día no que a cultura galega foi o principal protagonista. 

Click aquí para ver máis imáxenes

martes, 19 de abril de 2011

I Concurso Literario de Relato Curto e Conto en Galego.

        Barafunda Editorial, xunto coa AA. VV. Dunas de Nigrán e o Concello de Nigrán, convocan o I Concurso Literario de Relato Curto e Conto en Galego.




Dende Barafunda vos animamos a participar!!