google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda: xira interestelar
Mostrando entradas con la etiqueta xira interestelar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xira interestelar. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de noviembre de 2013

III Xira Interestelar

Como algúns sabedes, tódolos anos facemos un percorrido por distintas vilas galegas para que os nosos espectáculos cheguen a todos vós.  A este percorrido chamámoslle "XIRA INTERESTELAR", e xa imos pola terceira edición!!
Este ano, como novidade, engadimos novos espectáculos!!

As datas para esta III Xira Interestelar son:

20 de outubro, Pepiña Maruxiña quere voar, en Arbo:



17 de novembro, A maxia de Xabi, en Cotobade:


23 de novembro, A maxia de Xabi, en Mondariz:



24 de novembro, KeTKjas, en Gondomar:



Con entradas populares (2,50€ para Gondomar, 3€ para o resto de actuacións) para que ninguén quede sen gozar dos espectáculo!!


Agardámoste!!!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Seguimos coa XIRA INTERESTELAR!!!


Esta vez estamos no Auditorio do Centro Social de Mondariz os días 10 e 11:

O sábado 10 con "As aventuras de Lila e Lolo" e o domingo 11 con "Maxia Branca".

Por suposto, coma sempre, a prezos populares para que ninguén quede coas ganas de ir:
- Ata dous anos: de balde
- De dous a 16 anos: 3€
- Maiores de 16 anos: 5€

Esta vez temos NOVO HORARIO. Ambos espectáculos comezan ás 18:00h, podendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.


E vos deixamos cunha foto do 2011, da primeira edición da Xira Interestelar na súa parada en Gondomar... o primeiro capítulo desta aventura ;)




jueves, 25 de octubre de 2012

2ª parada da Xira Interestelar: A CAÑIZA


Como vos adiantábamos a semana pasada a través do noso facebook, a segunda parada da Xira é esta fin de semana no auditorio da Casa da Cultura de A CAÑIZA: o sábado 27 estaremos con "As aventuras de Lila e Lolo" e o domingo 28 con "Maxia Branca". 





Novamente, a prezos populares para que ninguén se quede coas ganar de ir:
- Ata dous anos: de balde
- De 2 a 16 anos: 3€
- Maiores de 16 anos: 5€




Ambos espectáculos comenzan ás 18:30h, puidendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.

Colabora: Concello de A Cañiza

E para ir abrindo boca... o vídeo promocional de "As aventuras de Lila e Lolo"