google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

martes, 26 de julio de 2011

Curso monitores Xullo 11'

    Na súa aposta pola formación continua e de calidade, Barafunda, en colaboración coa Escola de Tempo Libre Fervenza, desenvolveron un curso de Monitores de Tempo Libre no mes de Xullo.
    Vintesete mozos e mozas chegados dende diferentes puntos de Galicia conviviron durante os vinte días que durou o curso, en réxime de acampada no entorno rural de Xiguentes (Sta. María de Oia).
   Moitas horas de traballo e esforzo, lexislación, psico-socioloxía, socorrismo, campismo, medioambiente, saúde, rutas de orientación, xogos, danzas, cancións, ... e todo para acadar o seu obxectivo “O título de Monitores de Tempo Libre”. E tamén houbo tempo para a ledicia, a diversión e para facer amizades que serán, posiblemente, para toda a vida.
   Dende Barafunda queremos dar unha aperta a todos e todas que nos fixeron gozar destes días, da súa compaña, inmersos en un bo ambiente de traballo, diversión e sorrisos.


!!! BOA SORTE A TODOS!!! 
Click aquí para ver máis fotos

lunes, 11 de julio de 2011

Gañadores do I Concurso Literario de Relato Curto e Conto en Galego

Se fai uns meses presentabamos o I Concurso Literario de Relato Curto e Conto en Galego, hoxe volvemos a falar del para amosar ós gañadores. 

Durante o acto de entrega dos premios, cada participante puido ler un fragmento da súa obra para amosala ó público alí presente.
Tamén o xurado, formado por un representante do Concello de Nigrán, outro da Asociación Veciñal Dunas de Nigrán, o escritor Artur Alonso Novelhe, e un representante da editorial Barafunda; tivo o seu momento para dicir unhas palabras, destacando aquelas de agradecemento. 

Chegado o momento de descubrir os gañadores, este foi o faio do xurado:

1º PREMIO: “Conto de Abril” de Isabel Blanco Franco

2º PREMIO: "O Muíño de Cibrán” de Gael Fernández Castro

3º PREMIO: “Ata logo” de Francisco Javier Sánchez González


Ademais, unha agrupación de música tradicional amenizou a xornada completando un día no que a cultura galega foi o principal protagonista. 

Click aquí para ver máis imáxenes

lunes, 13 de junio de 2011

Asalto pirataaaa!

O domingo 12 de xullo, os barcos "Pirata de Onza" e "Pirata de Cíes" da empresa Nabia Naviera foron asaltados por piratas.
A abordaxe comezou dende terra antes de que os barcos tiveran tempo de saír cara ás Illas Cíes. Unha vez de camiño ás Cíes, os piratas loitaron con sables contra os pasaxeiros. Finalmente decidiron aliarse para, entre todos, buscar o tesouro agochado nas Cíes.
E a ritmo de...

"A vida pirata é a vida mellor
sen traballar, sen estudar, 
e... cunha botella de ron!"

... chegaron a Cíes con 500 novos piratas cos que descubrir tan marabillosa illa. 

Click aquí para ver máis fotos




jueves, 9 de junio de 2011

Día Mundial do Medioambiente

Con motivo do Día Mundial do Medioambiente, Barafunda foi a encargada de presentar o decálogo de boas prácticas para facer un bo uso da auga. 
Nenos do colexio Pintor Laxeiro visitaron as instalacións de Aqualia e, previamente, puideron gozar da nosa actuación. 
María trataba de explicar ós nenos os consellos que podían seguir para nos desperdiciar a auga. Mentres,  Lolo, un pallaso pouco concienciado co seu consumo responsable trataba de seguilos, en ocasións, sen moito éxito. 

Click aquí  para ver máis imaxes 

miércoles, 18 de mayo de 2011

Concerto Inerttes

    Con motivo do I Aniversario do Tzameti Bar, o grupo local INERTTES, do que Barafunda é manager, deu un concerto na sala Mondo de Vigo.
   Foi o pasado sábado 14 de maio, e xunto a eles tocaron os vigueses Glassonion e os canadienses Basketball.
     O concerto foi todo un éxito e, para os que non puidéstedes estar alí, aquí deixamos unhas fotos que así o demostran.

Click aquí para ver máis fotos


   E para saber máis deste grupo, podedes visitar o seu Myspace e escoitar algúns dos seus temas:  http://www.myspace.com/inerttes


martes, 10 de mayo de 2011

Barafunda xa ten web!!!!

Temos unha gran noticia que darvos...     

BARAFUNDA XA TEN NOVA PÁXINA WEB!!!

Podes entrar en:


ou 



Nela podedes consultar os nosos servizos, tanto editoriais como de animación; con fotografías, breves descricións... e ademais ten acceso directo ao noso blog! 

A que agardas para indagar nela?   


miércoles, 4 de mayo de 2011

Black Voley Vigo

En Barafunda apostamos pola vida sá e o deporte. Por iso patrocinamos ó equipo Black Voley Vigo.

En marzo remataron a súa primeira tempada como equipo na 2ª División B Femenina. Mentres non comece a seguinte tempada en outubro, o equipo segue entrenando duro para poder mellorar os seus resultados. 

Ademais, están buscando novas xogadoras para reforzar o equipo. Se te animas ou coñeces a alguén que poida estar interesada, podedes poñeros en contacto co equipo a través destas direccións de correo electrónico:

 Se queres coñecer as que poden ser ás túas novas compañeiras, click AQUÍ.