google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

viernes, 30 de marzo de 2012

Barafunda Recors!!!

         Si, si, como o ledes!! Barafunda, no seu compromiso coa cultura galega, crea o seu propio selo discográfico "Barafunda Recors"


Este proxecto xorde para satisfacer a demanda dun respaldo legal para os grupos musicais emerxentes. Na procura de crear proxectos integrais creamos este selo discográfico, que xunto á editorial e ó departamento de animación, supoñen unha forte aposta pola cultura galega.

O noso primeiro fichaxe é o grupo vigués Inerttes, unha banda que agardamos logre novos éxitos. E así o recolle hoxe mesmo o Faro de Vigo:


Así que xa o sabedes, esta noite ás 23:00h. estaremos na Sala Playmovil (Vigo) presentando o noso novo proxecto. Vémonos alí!!! 

E por último lembrade que xa temos páxina de facebook. Agregádenos para estar ó tanto de tódalas novas aquí  :)

miércoles, 28 de marzo de 2012

OnArt2012

       Barafunda estivemos en OnArt 2012, a Convención Española de Artistas do globo, en Vilaseca (Tarragona)  os días 23, 24 e 25 de marzo. 
Nesta convención presentáronse novos e sorprendentes deseños con globos e impartíronse numerosas clases prácticas ofrecidas por algúns dos instrutores profesionais máis dinámicos da actualidade mundial.
Cabe destacar as clases mestras de Hyun-gu Park (Corea), Colin Myles (Escocia), Antonio Becarés (España), Pascal Grooten (Bélxica), Laura Sánchez (España), Jose María Álvarez (España) e Cristina Cano (España).
Competicións de centros de mesa e figuras de globoflexia, sala de prácticas, zona de globoflexia, cena de gala,...tamén formaron parte desta convención.

Para máis foto clik aquí

       Puidemos gozar duns días inesquecibles e moi produtivos onde aprendemos e intercambiamos moita información sobre o máxico mundo dos globos. Participaron empresas e profesionais de toda España e Portugal, có obxectivo de mellorar a nosa formación na construción con globos, e creamos fortes lazos de amistade por toda a península e as illas.

          Dende Barafunda queremos agradecer e felicitar ós organizadores do evento, Globofiesta Party S.L., polo seu esforzo para que a convención deste ano fora un rotundo éxito.

viernes, 17 de febrero de 2012

A Queimada vídeo

Embarcados no mundo audiovisual, aquí seguimos cos nosos vídeos. Agora é a quenda do espectáculo "A Queimada"


Que o gocedes!!!

lunes, 23 de enero de 2012

Xa as temos!!

Por fin vos podemos amosar as imaxes das cabalgatas de reis nas que Barafunda participou!! 

O día 5 poidechedes vernos como ven sendo tradición na cabalgata de Vigo. Pero ademais este ano, por primeira vez, as nosas creacións con globos percorreron as rúas de Nigrán e Ourense. 
Ademais, tamén vos amosamos os obradoiros infantís que fixemos na lonxa do Concello de Vigo.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras,  velaquí un montón de imaxes!!! 

martes, 13 de diciembre de 2011

Quiquiriquí!!!

Este nadal, a concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade "O quiquiriquí".
Nace a partir do DVD/CD que se amosa maís abaixo, onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.



A actividade está enfocada para o público infantil e nela proxectarase o dvd do "Quiquiriquí" onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal...

Despois, continuarase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.

Agardámovos os días:

  • venres 23 de decembro ás 12:00h., na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
  • sábado 24 de decembro ás 11:00h., no Centro Cultural de Valadares (Estrada Xeral de Valadares, 261)
  • martes 27 de decembro ás 11:00h, na Ludoteca Coia (Pavillón deportes de Coia, avda. Castelao, s/n)
  • mércores 28 de decembro ás 18:00h, na Biblioteca Neira Vilas (avda. Martínez Garrido, 21)
  • xoves 29 de decembro ás 11:00h, Centro Cívico de Teis (camiños Maceiras, 2)
  • venres 30 de decembro ás 11:00h, Centro Cívico de Coruxo (avda. Ricardo Mella, 296)

Vémonos!!!

lunes, 7 de noviembre de 2011

A casa do rato Renato na Biblioteca Neira Vilas

Con motivo do Samaín, Barafunda estivo na Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, Vigo) co seu contacontos "A casa do rato Renato".
Unha historia ambientada na época na que nos atopamos, que conta como Renato andaba na procura dunha cabaza para facer a súa casa. Sen sabelo, Renato vaise mergullar na noite do Samaín descubrindo as tradicións das festas do Magosto.
Máis fotos aquí

E despois de gozar desta emotiva historia, os nenos e nenas puideron ir para casa con maquillaxes terroríficos: meigas, espíritos, vampiros...