google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

miércoles, 16 de enero de 2013

PINVI 2013

Xa estamos de volta!! O ritmo de traballo do Nadal non nos permitiu pasar antes por aquí.
Vos preguntaredes que estivemos facendo para estar tan ocupados. Como sempre nos gusta dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras. Así que vos presentamos o vídeo dun dos proxectos nos que estivemos traballando: O PINVI 2013.



Unha ludoteca ambientada nunha granxa e cinco obradoiros baixo a temática das profesións (pasteleiro, pintor, escultor, labrego e pescador) foron as nosas propostas para o Parque Infantil de Nadal de Vigo (PINVI)  no Auditorio Mar de Vigo.

Fostes moitos os que vos pasáchedes polas actividades, tantos que tivemos que mercar máis existencias!! Tamén moitos os que repetiades todos os días, os que nos dábades as vosas felicitacións, os que fixestes fermosos cadros , esculturas incríbles ou saborosas galletas . Así que a todos vós GRACIAS por participar!! 

E se queres seguir ó tanto das nosas actividades lembra que podes atoparnos no noso facebook.


jueves, 20 de diciembre de 2012

O quiquiriquí! 2012

Por segundo ano consecutivo voltamos con O QUIQUIRIQUÍ!

A concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade "O quiquiriquí".
Nace a partir dun DVD/CD  onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.



A actividade está enfocada para o público infantil e familiar e nela proxectarase o dvd do "Quiquiriquí" onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal...

Despois, continuase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.

Agardámovos os días:

  • sábado 22 de decembro ás 12:00h, na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
  • domingo 23 de decembro ás 12:30h, no Museo Verbum (Avda. de Samil, 17)
  • mércores 26 de decembro ás 12:00h, na Ludoteca de Bembrive.
  • domingo 30 de decembro ás 12:00h, no Centro Comercial Gran Vía con intérprete de lingua de signos.

É de balde, así que non hai escusa para non vir!!

martes, 4 de diciembre de 2012

Vémonos no Bee Market!!

Do 6 ó 9 de decembro participaremos no Bee market do Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo.



No noso posto poderedes coñecer de primeira man as actividades que realizamos, tanto dende a área de animación, coma da editorial e discográfica. Tamén poderedes adquirir os nosos libros "Antón e o Apalpador" e "A casa do rato Renato", así coma os discos da banda de pop-rock fichada por Barafunda recors: Inerttes.

Exemplares de "Antón e o Apalpador" e "A casa do rato Renato"

Ademais, o vernes pola tarde representaremos o contacontos "Antón e o Apalpador" e o sábado Inerttes dará un concerto.

Inerttes

E toooooodo isto e máis por un prezo solidario: adultos 1kg de comida ou 1€ e os nenos/as de balde. O recadado irá destinado a comedores sociais da cidade. 

¿Quen se apunta?

lunes, 26 de noviembre de 2012

Primeira actuación da charanga de Barafunda


E aquí estamos unha semana máis para contarvos as nosas novas!

Durante os últimos meses estivemos preparando a que sería a primeira charanga de Barafunda. O día 17 de novembro tivemos a nosa estrea por todo o alto, concretamente nos XXXV Premios da Crítica Galicia 2012. 


Celebráronse no Hotel Los Escudos de Vigo, e a charanga Barafunda amenizou todo o acto con temas divertidos e vibrantes.



A charanga, formada por sete membros, conta con grandes artistas cun longo percorrido no eido da música. Aquí deixamos algunhas fotos mentras non os podades gozar en directo ;)










martes, 20 de noviembre de 2012

As fotos!!!

Como anunciabamos no noso facebook, aquí están as fotos do espectáculo Xan das Ondas no Centro Comercial Gran Vía.


Click aquí para ver máis fotos


Como vedes a asistencia foi masiva. Quedamos abraiados da cantidade de nen@s e familiares que se achegaron! 

Agradecementos ó Servizo de Normalización Lingüística de Vigo que foi o organizador. Foi unha tarde moi moi divertida! 

Ademais "colamos" un pequeno adianto dun dos próximos proxectos antes do espectáculo. Os máis atentos percatáronse e ó rematar viñéronnos a preguntar sobre el. Se non fuches un deles non te preocupes, pouco a pouco o iremos desvelando. Así que xa sabedes! Seguide atentos ;)



martes, 13 de noviembre de 2012

Xan das ondas no Centro Comercial Gran Vía de Vigo

Este venres 16 de novembro estaremos con XAN DAS ONDAS no Centro Comercial Gran Vía de Vigo. 



Será ás 18:30 horas na segunda planta do Centro Comercial.




¿Quen se anima a acompañar a Xan nesta aventura mariña?



lunes, 5 de noviembre de 2012

Seguimos coa XIRA INTERESTELAR!!!


Esta vez estamos no Auditorio do Centro Social de Mondariz os días 10 e 11:

O sábado 10 con "As aventuras de Lila e Lolo" e o domingo 11 con "Maxia Branca".

Por suposto, coma sempre, a prezos populares para que ninguén quede coas ganas de ir:
- Ata dous anos: de balde
- De dous a 16 anos: 3€
- Maiores de 16 anos: 5€

Esta vez temos NOVO HORARIO. Ambos espectáculos comezan ás 18:00h, podendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.


E vos deixamos cunha foto do 2011, da primeira edición da Xira Interestelar na súa parada en Gondomar... o primeiro capítulo desta aventura ;)