google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

martes, 30 de mayo de 2017

Barafunda Medieval e Salvaterra Milenaria


En Barafunda encántanos a Temática Medieval e as festas que recrean esta época.
Como mostra, este pedazo de vídeo da Batalla das Flores do ano pasado en Pontevedra, o noso Dragón custodiado por un auténtico exército cruzado!!




A semana pasada tivemos o pracer de estar en Salvaterra de Miño conmemorando a orixe da Vila. 
Desde Barafunda encargámonos de facer unha representación teatralizada do momento da cesión de
Salvaterra por parte do Rei Bermudo II ao bispo Pedro Martínez de Mosoncio e á igrexa compostelá, hai máis de 1000 anos!! 




Ademais, tamén nos fixemos cargo da ambientación medieval da Fortaleza:






E ao rematar o acto, pasámolo pipa, xogando co@s cativ@s con xoguetes tradicionais:







E por aquí vos deixamos algunhas fotiños ben bonitas que compartiron desde o propio Concello de Salvaterra: 

                  

miércoles, 17 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas con Barafunda

Se nos coñecedes, ou se levades algún tempiño seguíndonos nas redes, ben saberedes o amor que desde Barafunda lle profesamos a nosa língua! Para nós tódolos días son o Día das Letras Galegas!!



En Barafunda, complementamos a nosa actividade no mundo da animación coa nosa propia Editorial. Desde un principio apostamos pola creación de proxectos integrais, tratando de poñer en valor a nosa cultura e tradición galegas, a literatura e ilustración infantís e @s súas creador@s. 

Por iso este ano estamos especialmente content@s con que se adique este día a Carlos Casares, que entre outros xéneros, cultivou a Literatura Infantil da que tanto gostamos, e moi ben cultivada! "A galiña azul", "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "Un polbo xigante" ou "Lolo anda en bicicleta" entre outras tantísimas obras...


En Barafunda este ano festexamos este día das Letras Galegas cunha cita dobre en Ponteareas!! A partir das 18:00 horas, na Praza Maior, agardámosvos con "Pepiña Maruxiña quere voar" e con "As aventuras de Lela e Lolo"!!

http://www.comarcasnarede.com/index.php/o-condado/item/7030-o-concello-de-ponteareas-e-as-panaderias-difunden-a-figura-de-carlos-casares 

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/05/17/danzas-mundo-espectaculo-infantil-ponteareas/1680499.html

miércoles, 10 de mayo de 2017

Campamento Arenteiro Rock

Chega por vez primeira a Barafunda o CAMPAMENTO ROCK!!! 

Do 23 ao 30 de xullo, nas instalacións do colexio Vila de Arenteiro, O Carballiño, @s peques da casa terán a oportunidade de convertirse en auténticas estrelas do Rock!! 



Desde Barafunda cremos que a música é quen de promover formas reais de ocio no tempo libre, á vez que contribúe a unha formación completa das cativas e cativos.

O Campamento Arenteiro Rock está pensado para formar musicalmente ás nenas e nenos desde un punto de vista lúdico, construindo unha experiencia completa e inesquecible!!



Tod@s @s participantes experimentarán cos diferentes instrumentos, ademáis cada día estará adicado a unha década (desde os anos 50 ata a actualidade). Así nunha semana os nenos e nenas acadarán unha visión xeral e motivadora da historia do rock, chegando a formar as súas propias bandas emulando aos seus ídolos e creando composicións propias. 
Para que vos fagades una idea de que ben o pasan @s peques experimentando coa música, deixámosvos unas imaxes da Escola Rock que levamos a cabo no Parque Infantil de Nadal de Vigo no 2014: 



Para reservar praza ou para c
alquera dúbida que teñades, consultádenos en barafunda@barafundaanimacion.com ou no 986221218 sen compromiso algún!

Longa vida ao Rock and Roll!!! 

jueves, 27 de abril de 2017

Xira INERTTES!!


MOITO OLLO!!! 

Agarrádevos forte ás butacas e preparádevos para o que ven... porque durante os próximos meses os INERTTES estarán xirando pola península!!!


O pasado venres 3 de marzo, os Inerttes encheron a Iguana na presentación do seu novo traballo, "Zona 16mm", achegamos a crónica do concerto das colegas do Colectivo de Raro propósito.

Esta finde comezan a súa xira pola península: o sábado na Fábrica de Chocolate en Vigo e o domingo na Mardi Grass na Coruña, acompañados de El Capitán Elefante!!



Por aquí vos deixamos as datas pechadas ata o momento para que tomedes nota ben grande nas vosas axendas:


S29 ABRIL VIGO
D30 ABRIL A CORUÑA...
S06 MAYO MADRID
V19 MAYO OURENSE
V02 JUNIO CANGAS
V28 JULIO LUGO
S29 JULIO SANTANDER
S19 AGOSTO VIGO
V29 SEPTIEMBRE PAMPLONA
V06 OCTUBRE CASTELLÓN
S07 OCTUBRE MURCIA

E para ir quecendo motores, podedes escoitar en YouTube o primeiro single, Lobos!!



Ademais, o disco completo está disponible no seu bandcamp e en spotify!!

Desde Barafunda Recors estamos orgullosísim@s con este discazo que para eles é máis que un fillo!!
Vémonos nas salas!! E como dirían os Inerttes... MOITO ROCK!!! 














miércoles, 5 de abril de 2017

IV Campamento Pirata na Illa de San Simón

Énchenos de ledicia comunicarvos que este ano 2017 volta o noso CAMPAMENTO PIRATA na incrible Illa de San Simón!!


Xa é a cuarta edición deste campamento no que os nenos e nenas desfrutarán da máxica illa e das súas instalacións realizando actividades acuáticas como paddle surf ou kayak, buscando o tesouro do Capitán Nemo ou coñecendo nov@s @s amig@s c@s que desfrutar da aventura!!
Non deixedes de ver este vídeo que resume o espíritu pirata do noso campamento:


Tamén vos deixamos por aquí un pouquiño de información xeral do campamento, con algunhas das actividades que levaremos a cabo e co material necesario, así como o prezo e o horario de saída e de chegada:



E se estades interesad@s en apuntar @s vos@s fill@s, deixámosvos a folla de inscrición:


Calqueira cousiña non dubidedes en contactar con nós, ben a través d noso Facebook, por correo electrónico en barafunda@barafundaanimacion.com ou por teléfono no 986221218.
Non quededes sen praza!!

viernes, 24 de febrero de 2017

Axenda entroideira!!


SÁBADO 25:
  • 17:30h Festa de entroido na Asociación de veciños de Borreiros.
 DOMINGO 26:
  • 17:00h Espectáculo Xan das Ondas na Porta do Sol, Vigo.
  •  Animación entroideira nas rúas de Padrón.

 LUNS 27 FEBREIRO
  • 17:30h Espectáculo Maxia Branca na Lonxa do Concello.
  • 17:00h Festa de Entroido no Centro Cultural Helios en Bembrive.

MARTES 28 FEBREIRO
  • 12:00h Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar na Feira Mundo Nen@s no Recinto Feiral de Pontevedra.
  • 17:00h Desfile de Entroido no Pavillón de Dodro.
  •  17:30h Espectáculo Maxia Xabi na Lonxa do Concello.

1 MARZO
  •  17:00h Maquillaxe de entroido en Salvaterra
  • 20:00h Espectáculo Maxia Branca no Grove

Sen esquecernos das actividades no Náutico, que comezan desde hoxe mesmo!!

jueves, 23 de febrero de 2017

3,2,1... ENTROIDO!!


Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!

Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas... Aquí vos deixamos algúns plans:



  • Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.
 
  • Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL. 
 
  •  E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.
 
  • Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!
 
  • E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico: