google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

miércoles, 22 de noviembre de 2017

CULTURGAL 2017

Xa está aquí, xa chegou... O CULTURGAL 2017!!!!

E nós como somos unh@s namorad@s da nosa terriña e de todo canto se fai nela, non podiamos perder a nosa cita anual coa Feira de Industrias Culturais máis grande do país!! Coma tódolos anos estaremos os tres días, do venres 1 de decembro ata o domingo 3 no noso stand. Que teremos preparado este ano??


Ademais das actividades oficiais, como son as visitas guiadas para os coles o venres pola mañá, temos moitas cousiñas preparadas!! Tomade nota!

Para o venres á tarde, de 17:00h a 20:00h, pintacaras para @s máis peques coa nosa querida Marian Simon! 



Por outra banda o sábado de 12:00h a 13:00h teremos para tod@s @s amantes da literatura e a ilustración galega, a firma de libros d@s autor@s do conto infantil O censor de monstros, Patricia G. Varela e David Bastos.


Pero ei! Que a cousa non acaba aquí!!! Pois, na tardiña, non vos podedes perder ás 20:30 o espectáculo de clown "Globotolo", que de seguro lle sacará un sorriso a grandes e pequen@s!

Ao día seguinte, o domingo ás 12:00h teremos novamente unha sinatura de contos, esta vez coa visita de Francisco Ameixeiras, o ilustrador de nada máis e nada menos que de Pepiña Maruxiña quere voar, Antón e o Apalpador, e a Casa do rato Renato. Unha marabilla de contos!!



E para finalizar este evento con toda a ledicia do mundo, durante a tarde do domingo haberá globoflexia da man d@s nos@s monis. Quen sabe con que formas nos sorprenderán??

Así que xa sabedes!! Reservade na axenda estes diíñas, que temos moitas sorpresas e moita Barafunda para repartir!!




viernes, 27 de octubre de 2017

A casa do rato Renato



A CASA DO RATO RENATO, CONTO INFANTIL EN GALEGO.

Como xa sabedes, en Barafunda somos moi "fans" das festas e tradicións da nosa terriña. 
En outono é tempo de cabazas e castañas, de Samaín e de Magostos. O universo que xira en torno a estas dúas festas tradicionáis galegas ven recollido no conto A casa do rato Renato, con textos de Manuel Castro Lima e Mª del Mar Ameixeiras Sánchez e ilustracións do artista Francisco Ameixeiras Sánchez. 



Sete anos despois da súa publicación por vez primeira, reimprimimos este contiño tan xeitoso, 1000 novos exemplares quentiños, listos para distribuír nas librarías! Se estades interesad@s en adquirir este ou outro dos nosos títulos podedes contactarnos a través deste blogue, no 986221218, nas redes sociais ou enviando un correo a barafunda@barafundaanimacion.com.
 
 


jueves, 26 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017 CON BARAFUNDA!!

 

Anotade nas vosas axendas se queredes pasar un samaín terroríficamente divertido con nós...


VIGO: 

Comezamos as actividades na Zona Náutico, en horario de 17:00 a 21:00h o durante toda a fin de semana! E o martes xogaremos ao Truco ou trato polos locais da zona, vémonos no Náutico!!



O martes pola mañá temos un diveridísimo pasarrúas co@s peques do colexio Pombal no noso querido barrio do Calvario!! Que nos terán preparado est@s pequen@s monstruiñ@s??


E pola tarde de 17:00 a 20:00 estaremos na Porta do Sol tamén facendo obradoiros!!


SALVATERRA DE MIÑO:

En Salvaterra temos dobre cita, o venres 27, ás 16:00h sesión de maquillaxes e tatus terroríficos!! E o martes 31, só para @s máis temerari@s, ROTEIRO NOCTURNO!!





O GROVE:

O sábado de 20:00 a 00:00h estaremos na Biblioteca Municipal do Grove facendo arrepiantes obradoiros, maquillaxes terroríficas e contando historias de medo!!







lunes, 28 de agosto de 2017

Barafunda viaxa a Ghana


A nosa queridísima Laura xa levaba tempo coa idea rondando no maxín... quería marchar de voluntariado a Ghana, a levar sorrisos e moitos globos de cores aos nenos e nenas que viven alí!!   
Desde Barafunda quixemos colaborar modestamente con esta aventura tan necesaria como ilusionante. Agardamos que @s peques aprenderan e se divertiran moito nos talleres de globoflexia de Laura!! Por aquí vos deixamos algunhas fotiños que nos fai chegar desde alá:








lunes, 31 de julio de 2017

Moita Barafunda nos barrios de Vigo!



Esta semana, con motivo das festas da nosa cidade, estaremos nos barrios de Vigo facendo un pouquiño de todo... Obradoiros, animación de rúa, ludoteca e tamén espectáculos!! Arrancamos hoxe ás 17:00h, tomade nota!!




Luns 31 en Teis, fronte do Mercado.
Martes 1 na zona peatonal do Calvario
Mércores 2 na Praza Independecia
Xoves 3 na alameda  Bouzas
Venres 4 na rúa Teixugueiras en Navia 









Os obradoiros, xogos e animación de rúa serán de 17:00 a 19:00h e de 19:00 a 20:00h... ESPECTÁCULO INFANTIL!!


Alí vos agardamos!!

viernes, 14 de julio de 2017

Barafunda de verán!! Xullo 2017.


Verán é a nosa estación favorita do ano!!! É tempada de campamentos, espectáculos, contacontos, festas, vodas, maxia, obradoiros, sorrisos, diversión, globos e moita, moita, moitííííííííííísima BARAFUNDA!!!

Por aquí vos deixamos algunhas datas que temos previstas para este mes: 


  


Este sábado, 15 xullo, ás 19:30h "Pepiña Maruxiña quere voar" na Praza de Fefiñáns (Cambados)



O martes 18 xullo ás 19:30h "O Censor de Monstros" andará na procura de monstros e moita diversión na Praza da Perillana (Ponteareas).

O martes 25 de xullo ás 18:00h, espectáculo de maxia clown para toda a familia, "Maxia Branca" en Dorrón (Sanxenxo).




 




E o sábado 29 xullo ás 19:00h a nosa "Traíña" máis tola andará animando as rúas de Ponteareas.

martes, 30 de mayo de 2017

Barafunda Medieval e Salvaterra Milenaria


En Barafunda encántanos a Temática Medieval e as festas que recrean esta época.
Como mostra, este pedazo de vídeo da Batalla das Flores do ano pasado en Pontevedra, o noso Dragón custodiado por un auténtico exército cruzado!!




A semana pasada tivemos o pracer de estar en Salvaterra de Miño conmemorando a orixe da Vila. 
Desde Barafunda encargámonos de facer unha representación teatralizada do momento da cesión de
Salvaterra por parte do Rei Bermudo II ao bispo Pedro Martínez de Mosoncio e á igrexa compostelá, hai máis de 1000 anos!! 




Ademais, tamén nos fixemos cargo da ambientación medieval da Fortaleza:






E ao rematar o acto, pasámolo pipa, xogando co@s cativ@s con xoguetes tradicionais:







E por aquí vos deixamos algunhas fotiños ben bonitas que compartiron desde o propio Concello de Salvaterra: