Hoxe mesmo ábrese o prazo de incrición para o Campamento Pirata Illa de San Simón!!
Esta actividade nace para cubrir a demanda dun campamento de verán de calidade, onde a oferta de actividades atraintes xunto cun entorno único fagan deste campamento unha experiencia inolvidable e enriquecedora.
O campamento é do 1 de xullo ó 7 de xullo. Está destinado a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos interesados en vivir grandes aventuras cheas diversión, á vez que fan novos amigos.
O emprazamento escollido é a Illa de San Simón (Redondela), en plena Ría de Vigo.
Dentro da Illa faremos uso das súas instalacións, que inclúen dormitorios dobres con baño propio, aulas multiusos, comedor, e todo o necesario para unha estancia agradable e cómoda tras xornadas diarias cheas de actividade e divertimento.
Durante os sete días que dura o campamento, realizaranse numerosas actividades entre as que cabe destacar:
- Actividade en kayak
- Actividade de vela
- Búsqueda do tesouro de Francis Drake
- Actividades creativas
- Xogos
- Obradoiros
- Veladas
- Olimpiadas piratas
- Espectáculo de maxia (Mago Xabi)
- ...
Todo o equipo de monitores son especialistas nas distintas áreas e posúen amplia experiencia. Todos eles están coordinados por un director que está respaldado por un equipo de profesionais formado por educadores e monitores e directores de tempo libre.
O prezo é de 250€ todo incluído:
- aloxamento en habitación dobre con baño propio
- servizo de comedor
- actividades de campamento e náuticas
- seguro de responsabilidade civil
- seguro federativo en actividades náuticas
- póliza de accidentes
- servizo de evacuación permanente
- dispoñibilidade dun barco para o transporte dende a Illa e ata a Illa.
As prazas son limitadas para os primeiros 50 participantes en inscribirse. Podes descargar a ficha de inscripción aquí:
Para calquera información adicional podedes escribirnos a barafunda@barafundaanimacion.com ou chamar ó 986 221 218.
No hay comentarios:
Publicar un comentario