google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

viernes, 24 de febrero de 2017

Axenda entroideira!!


SÁBADO 25:
  • 17:30h Festa de entroido na Asociación de veciños de Borreiros.
 DOMINGO 26:
  • 17:00h Espectáculo Xan das Ondas na Porta do Sol, Vigo.
  •  Animación entroideira nas rúas de Padrón.

 LUNS 27 FEBREIRO
  • 17:30h Espectáculo Maxia Branca na Lonxa do Concello.
  • 17:00h Festa de Entroido no Centro Cultural Helios en Bembrive.

MARTES 28 FEBREIRO
  • 12:00h Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar na Feira Mundo Nen@s no Recinto Feiral de Pontevedra.
  • 17:00h Desfile de Entroido no Pavillón de Dodro.
  •  17:30h Espectáculo Maxia Xabi na Lonxa do Concello.

1 MARZO
  •  17:00h Maquillaxe de entroido en Salvaterra
  • 20:00h Espectáculo Maxia Branca no Grove

Sen esquecernos das actividades no Náutico, que comezan desde hoxe mesmo!!

jueves, 23 de febrero de 2017

3,2,1... ENTROIDO!!


Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!

Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas... Aquí vos deixamos algúns plans:



  • Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.
 
  • Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL. 
 
  •  E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.
 
  • Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!
 
  • E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico:




martes, 24 de enero de 2017

Así foi o Nadal 2016-2017 de Barafunda



Queremos facer un pequeno repasiño polas festas do Nadal 2016-2017 de Barafunda, das que aínda estamos a recuperarnos... Foi un nadal moi intenso que non tería sido posible sen o equipazo barafundeiro ao que queremos dar unha e mil veces AS GRAZAS!!

Comezamos lembrando o Parque Xurásico de Nadal, no que ademáis da Dinoescola e o Volcán, levamos a cabo a decoración xurásica, e do que xa vos falamos nesta outra entrada do blogue.





Durante todas as festas estivemos na Zona Náutico, facendo todo tipo de manualidades e divertidísimas animacións de rúa:







Recibimos ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente (aos auténticos) no Corte Inglés e no Auditorio do Concello de Vigo:




E moitas moitas cabalgatas!!! Estivemos en Vigo, na Dinocabalgata, co noso Globosauro, que deu moito que falar:


 

En Rianxo, na fermosa cabalgata con temática mariñeira (Fotos de A Fiestra):



@s nos@s cascarolos desfilaron por Padrón acompañad@s por uns Ogros moi amables:




Polas rúas de Arzúa andiveron Pinocho e compañía derrochando ledicia!!



E as nosas pompeiras encheron Santiago de Compostela de pompas de xabón e de sorrisos!!




Deixamos no tinteiro contacontos, festas e algunha que outra animación de Nadal que fixemos e de todo aquilo que non temos documentos gráficos!! Pero así vos facedes unha idea, grosso modo, de cómo foi o Nadal de Barafunda. 

Comezamos esta entrada dando as grazas e queremos rematala do mesmo xeito. MOITÍSIMAS GRAZAS a tódalas persoas que traballades con nós e a tódalas que confiades en Barafunda, pois nada desto tería sentido sen vós!!






miércoles, 28 de diciembre de 2016

Máis de 10000 globos... Montaxe do Parque Xurásico de Nadal

Estes días o hall do Auditorio Mar de Vigo, converteuse no Parque Xurásico de Nadal!! 

Desde Barafunda estamos moi moi satisfeit@s co resultado da decoración xurásica, pero sobre todo, estamos contentísim@s co equipazo de montaxe que durante tres días dérono todo sen perder o sorriso nin a enerxía en ningún momento!!
Para tod@s el@s, un milleiro de grazas!! É un verdadeiro pracer traballar agusto e conseguir resultados tan ESPECTACULARES!! 










Foron moitas horas de traballo, máis de 10000 globos inflados, moito esparadrapo nas mans, pero... cremos que o esforzo valeu a pena!!  Agora tócalles desfrutar aos cativos e cativas da casa!!
E a vós?? Que vos parece o resultado final?



 




jueves, 22 de diciembre de 2016

O Censor de Monstros


Novo conto de Barafunda Editorial!!!




O pasado 3 de decembro presentabamos no Culturgal o noso novo conto, O censor de monstros, escrito por Patricia G. Varela e ilustrado por David Bastos. 
Agora, énchenos de orgullo (e satisfacción) comunicarvos que xa podedes atopar O Censor de Monstros nas librarías!!

Escaparate da libraría A Pita Cega (Vigo)

Ven coñecer a Leda e máis co seu avó Cristovo os moitos monstros e seres fantásticos que viven por toda Galicia. Vivirá algún preto de ti e aínda non o sabes?

E como o avó Cristovo é un moderno, tamén abriu un blogue e un twitter no que irá contando as súas viaxes e aventuras!! Non lle perdades a pista!! 

miércoles, 21 de diciembre de 2016

O día do Apalpador

Xa levamos uns aniños participando desta festa tan bonita adicada ao noso benquerido Apalpador! Este ano non iamos ser menos! 

 O venres 23 de decembro o Casco Vello de Vigo prepárase para recibir á figura máis senlleira do Nadal galego! Obradoiros, contacontos, música, baile, castañas e moitas máis sorpresas para recibir ao Apalpador!! 
Botádelle un ollo ao cartaz tan bonitiño e non perdades detalle de tódalas actividades:


Ademais sodes moitas e moitos @s que preguntades onde podedes facervos cunha camisola do Apalpador, pois o venres estarán á venda por 10 euriños. Bulide porque... quítannolas das mans!! 

martes, 20 de diciembre de 2016

Este nadal... MOITA BARAFUNDA!!


Aquí vos deixamos parte da programación barafundeira para desfrutar destas datas en familia!!



E tamén os obradoiros que temos preparados para @s máis peques da casa!!