Das cousas que máis desfrutamos do noso traballo, son as montaxes de globos, canto máis grande mellor o pasamos!! A nosa superequipa traballa sen descanso, pero o esforzo e as horas merecen a pena con resultados coma o do Mundo do Xeo, o paraíso invernal que se ubicou no Auditorio do Mar de Vigo o pasado Nadal.
Agora que saiu o soliño aínda que as temperaturas seguen sen subir, abrigádevos ben, collede unha mantiña e unha bebida quente e a desfrutar!!
E aquí o resultado final... Que vos parece?? Estaremos encantad@s de ler as vosas opinións nos comentarios!!
Rúa Peonil do Calvario a partir das 12:00h
Arrancamos o ENTROIDO xogando en casa, co noso xa tradicional desfile pola rúa peonil do Calvario acompañando á rapazada do CEIP O POMBAL. Con que disfraces nos soprenderán este ano??
Colexio Rosalía de Castro:
Espectáculo: Preséntame un Pallasopara a rapazada do colexio Rosalía de Castro.
Salvaterra de Miño, pavillón de Leirado.
Desfile coa rapazada dos colexios do Concello de Salvaterra, presentación e xogos musicais!!
SÁBADO:
Pavillón Municipal de Baiona ás 18:00h
O sábado en Baiona a música e a festa corren da nosa parte!! Discomóbil con xogos, pompas e moitísima diversión!!! Ademáis da discomóbil haberá inchables e antes das 18:00h obradoiros e outras actividades.
DOMINGO:
Porta do Sol, Vigo ás 17:00h
Contacontos: O CENSOR DE MONSTROS. Fagamos un percorrido co avó Cristovo e coñezamos aos monstros e as personaxes típicas galegas!!
Asociación de veciños O Freixo ás 17:30h
Na asociación de veciños de O Freixo, Valadares, estará o Gran Xabi co seu espectáculo no que mestura maxia, ilusión e risas a gargalladas!
LUNS:
Lonxa do Concello de Vigo ás 17:00h
GLOBOTOLO, espectáculo de globos!! No que descubriredes a cantidade de posibilidades que pode ter un globo. Praza do mercado de Teis ás 17:00h
Desfile de entroido da rapazada do Monte da Guía presentado polo Gran Xabi e espectáculo de Maxia ao rematar!
MARTES:
Lonxa do Concello de Vigo ás 17:30h
Bambolina, espectáculo clown!!
Desfile de entroido no concello de Dodro ás 17:00h
Desfile de entroido presentado polo Gran Xabi!
Fáisenos moi difícil facer un resumo desta campaña do Nadal 2017-2018. Foi máis dun mes de actividades, contacontos, espectáculos, montaxes, desmontaxes, globos, ilusión, planificación, loxística, furgo para arriba e para abaixo... E un ano máis, sobrevivimos!!
Por suposto, e coma sempre, nada tería sido posible sen a GRAN FAMILIA BARAFUNDEIRA, a nosa super equipa de monitoras e monitores, a tod@s vós queremos darvolas GRAZAS DE CORAZÓN!! Grazas por un boísimo traballo, polas vosas ganas e pola ilusión que poñedes en cada actividade e en cada proxecto; e por suposto queremos darvos grazas por facelo todo sempre cun enorme sorriso! Porque facedes que traballar SEXA UN GUSTAZO E UN PRACER!!
Deixamos unha escolma de imaxes que pretenden resumir estas semanas de
duro traballo e esforzo, pero tamén de ilusión, maxia e moita BARAFUNDA!
Por todas e todos é coñecida a nosa devoción por este entrañable personaxe do nadal galego!! Un home, de profesión carboeiro, amable e bonachón que vive nos montes do Courel e que baixa no nadal para repartir castañas e xoguetes de madeira ás nenas e nenos mentres durmen. Por aquí vos achegamos algunhas das datas que ten o Apalpador de Barafunda para este nadal! Temos algunhas visitas do Apalpador en solitario, acompañado do seu séquito e tamén o noso contacontos (do que tamén temos o conto editoado) Antón e o Apalpador. Tomade nota!
21- decembro- Visita do Apalpador no EEI Monte da Guía. 22-decembro- DÍA DO APALPADOR 22- decembro- contacontos Antón e o Apalpador na zona peonil do Calvario ás 12:00h. 22- decembro- visita do Apalpador en Barbadás ás 19:00h. 23- decembro- visita do Apalpador en Xinzo de Limia ás 11:00h. 23- decembro- Visita do Apalpador e do seu séquito polas rúas de Padrón ás 19:00h. 23- decembro- contacontos Antón e o Apalpador no Centro cultural As Pedriñas (Tameiga, Mos) 18:00h. 26- decembro- contacontos Antón e o Apalpador en Cambados. E como non somos @s únic@s "fans" do Apalpador, vos deixamos para que lle botedes un ollo a páxina Apalpador.gal , onde podedes enviar a vosa carta ao Apalpador, atopar contidos interesantes sobre esta personaxe, así como unha axenda con TOOOOODOS OS EVENTOS DO APALPADOR EN GALICIA!!! Un traballazo que hai que agradecer e sobre todo partillar!! Boas festas e moitísima barafunda para tod@s!!
E nós como somos unh@s namorad@s da nosa terriña e de todo canto
se fai nela, non podiamos perder a nosa cita anual coa Feira de Industrias
Culturais máis grande do país!! Coma tódolos anos estaremos os tres días, do venres 1 de decembro
ata o domingo 3 no noso stand. Que teremos preparado este ano??
Ademais das actividades oficiais, como son as visitas
guiadas para os coles o venres pola mañá, temos moitas cousiñas preparadas!! Tomade nota!
Para o venres á tarde, de 17:00h a 20:00h, pintacaras para @s máis peques coa nosa querida Marian Simon!
Por outra banda o sábado de 12:00h a 13:00h teremos para tod@s @s amantes da literatura e a ilustración galega, a firma de libros d@s
autor@s do conto infantil O censor de
monstros, Patricia G. Varela e David Bastos.
Pero ei! Que a cousa non acaba aquí!!! Pois, na tardiña, non vos podedes perder ás 20:30 o espectáculo de clown "Globotolo", que de seguro lle sacará un sorriso a grandes e pequen@s!
Ao día seguinte, o domingo ás 12:00h teremos novamente unha sinatura de contos, esta vez coa visita de Francisco Ameixeiras, o ilustrador de nada máis e nada menos que de Pepiña
Maruxiña quere voar, Antón e o
Apalpador, e a Casa do rato Renato. Unha marabilla de contos!!
E para finalizar este evento con toda a ledicia do mundo, durante a tarde do domingo haberá globoflexia da man d@s nos@s monis. Quen sabe con que formas nos sorprenderán?? Así que xa sabedes!! Reservade na axenda estes diíñas, que temos moitas sorpresas e moita Barafunda para repartir!!
Como xa sabedes, en Barafunda somos moi "fans" das festas e tradicións da nosa terriña.
En outono é tempo de cabazas e castañas, de Samaín e de Magostos. O universo que xira en torno a estas dúas festas tradicionáis galegas ven recollido no conto A casa do rato Renato, con textos de Manuel Castro Lima e Mª del Mar Ameixeiras Sánchez e ilustracións do artista Francisco Ameixeiras Sánchez.
Sete anos despois da súa publicación por vez primeira, reimprimimos este contiño tan xeitoso, 1000 novos exemplares quentiños, listos para distribuír nas librarías! Se estades interesad@s en adquirir este ou outro dos nosos títulos podedes contactarnos a través deste blogue, no 986221218, nas redes sociais ou enviando un correo a barafunda@barafundaanimacion.com.
Anotade nas vosas axendas se queredes pasar un samaín terroríficamente divertido con nós...
VIGO:
Comezamos as actividades na Zona Náutico, en horario de 17:00 a 21:00h o durante toda a fin de semana! E o martes xogaremos ao Truco ou trato polos locais da zona, vémonos no Náutico!!
O martes pola mañá temos un diveridísimo pasarrúas co@s peques do colexio Pombal no noso querido barrio do Calvario!! Que nos terán preparado est@s pequen@s monstruiñ@s??
E pola tarde de 17:00 a 20:00 estaremos na Porta do Sol tamén facendo obradoiros!!
SALVATERRA DE MIÑO:
En Salvaterra temos dobre cita, o venres 27, ás 16:00h sesión de maquillaxes e tatus terroríficos!! E o martes 31, só para @s máis temerari@s, ROTEIRO NOCTURNO!!
O GROVE:
O sábado de 20:00 a 00:00h estaremos na Biblioteca Municipal do Grove facendo arrepiantes obradoiros, maquillaxes terroríficas e contando historias de medo!!