google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

jueves, 11 de julio de 2013

Resumo das últimas semanas

Coa carga de traballo destes días non tivemos tempo de informaros sobre as actividades que íamos realizando. Hoxe vos amosamos algunhas delas.

Animación nas excursións escolares a San Simón. Centos de nenos e nenas de diversos colexios visitaron a Illa antes de rematar as clases. Nós estivemos alí para facer desa visitas un acto máis especial se cabe. 



Actuación "Xan das Ondas" na festa de fin de curso da ANPA Picariños, en A Estrada: 




Maquillaxe infantil no C.C. Gran Vía con motivo do seu aniversario: 



Presentación e animación do concurso infantil de disfraces dos anos 50, con motivo do aniversario do C.C. Gran Vía:


Actuación "QTKgas" na festa de fin de curso de FESANPAS: 




Espectáculo "Maxia Xabi" en Arbo e en Cuntis: 



Pasarrúas na Batalla das Flores de Ourense: 



Campamento Pirata Illa de San Simón:


Ademais de outras actividades das que non temos fotos como festas privadas, festas de fin de curso noutros colexios, animacións para asociacións, etc.


E aínda queda moito verán por diante!!!!

martes, 4 de junio de 2013

Campamento Pirata Illa de San Simón

Hoxe mesmo ábrese o prazo de incrición para o Campamento Pirata Illa de San Simón!!


Esta actividade nace para cubrir a demanda dun campamento de verán de calidade, onde a oferta de actividades atraintes xunto cun entorno único fagan deste campamento unha experiencia inolvidable e enriquecedora. 

O campamento é do 1 de xullo ó 7 de xullo. Está destinado a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos interesados en vivir grandes aventuras cheas diversión, á vez que fan novos amigos. 

O emprazamento escollido é a Illa de San Simón (Redondela), en plena Ría de Vigo. 

Dentro da Illa faremos uso das súas instalacións, que inclúen dormitorios dobres con baño propio, aulas multiusos, comedor, e todo o necesario para unha estancia agradable e cómoda tras xornadas diarias cheas de actividade e divertimento.




 Durante os sete días que dura o campamento, realizaranse numerosas actividades entre as que cabe destacar:
  • Actividade en kayak
  • Actividade de vela
  • Búsqueda do tesouro de Francis Drake
  • Actividades creativas
  • Xogos
  • Obradoiros
  • Veladas
  • Olimpiadas piratas
  • Espectáculo de maxia (Mago Xabi)
  • ...
Todo o equipo de monitores son especialistas nas distintas áreas e posúen amplia experiencia. Todos eles están coordinados por un director que está respaldado por un equipo  de profesionais formado por educadores e monitores e directores de tempo libre. 

O prezo é de 250€ todo incluído:
  • aloxamento en habitación dobre con baño propio
  • servizo de comedor
  • actividades de campamento e náuticas
  • seguro de responsabilidade civil
  • seguro federativo en actividades náuticas
  • póliza de accidentes
  • servizo de evacuación permanente
  • dispoñibilidade dun barco para o transporte dende a Illa e ata a Illa.
As prazas son limitadas para os primeiros 50 participantes en inscribirse. Podes descargar a ficha de inscripción aquí: 

Para calquera información adicional podedes escribirnos a barafunda@barafundaanimacion.com ou chamar ó 986 221 218. 






viernes, 3 de mayo de 2013

Espectáculos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada)

O pasado día 24 estivemos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada) con dous espectáculos.

Para os máis pequenos, os alumnos de educación infantil, representamos o espectáculo "Pepiña Maruxiña quere voar". 



Click aquí para ver máis fotos


Despois, para os alumnos de educación primaria levamos o espectáculo "Preséntame un pallaso". 

Click aquí para ver máis fotos


O asombro, a alegría e a tenrura que transmiten estes espectáculos reflectiuse nas caras dos  alumnos e profes durante toda a xornada. 

Dende aquí queremos agradecer ó Colexio, e especialmente ó ANPA,  por contar con nós para facer dese día un día diferente e, sobre todo, moi especial. 


martes, 9 de abril de 2013

Anunciamos os nosos cursos!!!

A través do noso facebook fómosvolo adiantando e agora ímolo explicar con detalle.  

Barafunda, no noso compromiso coa formación e actualización de coñecementos, colabora co Centro de Formación Divino Maestro realizando cursos de formación continua para activos. 


Estes cursos poden ser bonificados pola Fundación Tripartita a través das cotas da Seguridade Social. Isto quere dicir, que poden saírche totalmente de balde. 

Que é a formación bonificada?? É a que as empresas poñen a disposición dos seus traballadores a custo cero, con cargo ás bonificacións á Seguridade Social. Todas as empresas contan cunha cota anual para a formación dos seus traballadores (crédito formativo) e se non se consume durante o ano, esa cantidade pérdese. Polo tanto, se traballas por conta allea, os nosos cursos podes facelos a custo cero para ti e para a túa empresa.

No caso de non estar traballando ou ter consumido o crédito formativo, tamén podes realizar os nosos cursos. Nese caso, asumindo o custo da formación.

Os cursos que actualmente temos dispoñibles son:
  • Esculturas con globos
  • Xogos sen xoguetes
  • Danzas e cancións de animacións
  • Decoración con globos
  • Maquillaxe e caracterización
  • Repostería creativa: cupcakes
  • Repostería creativa: galletas
  • Repostería creativa: tartas
  • Feltro
  • Teatro
  • Bolsos e moedeiros
  • Elaboración artesanal de velas
  • Elaboración artesanal de xabóns
  • Arxilas máxicas
  • Amigurimis artesanais
  • Esmalte en frío


E máis concretamente, o próximo curso que temos organizado é de REPOSTERÍA CREATIVA: CUPCAKES o SÁBADO 27 DE ABRIL, de 9:00h a 15:00h. 



Se precisas máis info deste ou doutro curso, podes poñerte en contacto co Xestor de Formación do Centro Divino Maestro: Diego - 654.517.450


E se non atopas o curso que buscas, rétanos a preparalo para ti ;)



miércoles, 20 de marzo de 2013

Promoción especial para amigos do Facebook

Aquí está!!! Como anunciamos no noso facebook temos unha nova campaña para todos os nosos amig@s!!! 

Se estás organizando un aniversario, comuñón, festa familiar... ou calquera outro tipo de evento esta pode ser a túa oportunidade!! Só por ser amig@ do noso facebook terás un 25% de desconto nas nosas tarifas!!!

Dende 90€ podes animar o teu evento e facer del algo único e diferente!! Contacta connosco no 986 221 218 ou en barafunda@barafundaanimacion.com e darémosche toda a info que precises.

So hai dous requisitos:

- Ser amigo do noso facebook: http://www.facebook.com/barafunda.animacion.
- Facer a túa reserva antes do 1 de xuño (a data do evento pode ser posterior).

Quen se apunta a esta super oferta??




jueves, 14 de febrero de 2013

A Charanga Barafunda no Entroido de Ourense

Como vos anunciabamos fai uns días a través do noso facebook, a Charanga Barafunda estivo animando o Entroido de Ourense  coa súa música. 



Foron tres días de actuacións polas rúas da vila, ademais de no palco da Praza Maior para a recepción das carrozas. Aquí podedes ver algunhas fotos da actuación da Charanga no palco:





Quedamos abraiados coa gran afluencia de xente que achegouse ata alí! A praza estaba repleta dun público entregado e con ganas de moita festa que bailaba ó son da Charanga. 



E tampouco nos podemos queixar da participación da xente mentres a charanga percorría as rúas!!  A medida que a charanga avanzaba íanse unindo máis e máis persoas que bailaban e acompañaban á charanga durante o seu percorrido. Aínda que case non se aprecia, no medio desta morea de xente estaba a Charanga:


Por último, queremos dar as grazas a Simón do "Sindicato del Cómic" por deixarnos o seu local á nosa disposición para cambiarnos e gardar o material. 


E por suposto, grazas tamén a todos aqueles que cos seus bailes, cánticos e ganas de pasalo ben fixeron coa Charanga Barafunda toda unha festa!


jueves, 7 de febrero de 2013

Vídeo "As aventuras de Lila e Lolo"

Xa temos novo video de As Aventuras de Lila e Lolo!!! Este foi gravado durante a Xira Interestelar 2012, concretamente na súa parada en A Cañiza. Nel, ademais de fragmentos do espectáculo, pódese ver ó noso presentador o Pallaso Pico.




A próxima cita con Lila e con Lolo é este domingo día 10, ás 17.30h. Estaremos no Centro Cultural de Monteporreiro (Pontevedra) cunha edición especial de "As aventuras de Lila e Lolo". Dúas horas cheas de xogos, sorrisos e moooooooita diversión!!! Por suposto, aberto a todo o públido e de balde!!!