google-site-verification: google4ec3ed01950815b3.html O blogue de Barafunda

miércoles, 28 de diciembre de 2016

Máis de 10000 globos... Montaxe do Parque Xurásico de Nadal

Estes días o hall do Auditorio Mar de Vigo, converteuse no Parque Xurásico de Nadal!! 

Desde Barafunda estamos moi moi satisfeit@s co resultado da decoración xurásica, pero sobre todo, estamos contentísim@s co equipazo de montaxe que durante tres días dérono todo sen perder o sorriso nin a enerxía en ningún momento!!
Para tod@s el@s, un milleiro de grazas!! É un verdadeiro pracer traballar agusto e conseguir resultados tan ESPECTACULARES!! 










Foron moitas horas de traballo, máis de 10000 globos inflados, moito esparadrapo nas mans, pero... cremos que o esforzo valeu a pena!!  Agora tócalles desfrutar aos cativos e cativas da casa!!
E a vós?? Que vos parece o resultado final?



 




jueves, 22 de diciembre de 2016

O Censor de Monstros


Novo conto de Barafunda Editorial!!!




O pasado 3 de decembro presentabamos no Culturgal o noso novo conto, O censor de monstros, escrito por Patricia G. Varela e ilustrado por David Bastos. 
Agora, énchenos de orgullo (e satisfacción) comunicarvos que xa podedes atopar O Censor de Monstros nas librarías!!

Escaparate da libraría A Pita Cega (Vigo)

Ven coñecer a Leda e máis co seu avó Cristovo os moitos monstros e seres fantásticos que viven por toda Galicia. Vivirá algún preto de ti e aínda non o sabes?

E como o avó Cristovo é un moderno, tamén abriu un blogue e un twitter no que irá contando as súas viaxes e aventuras!! Non lle perdades a pista!! 

miércoles, 21 de diciembre de 2016

O día do Apalpador

Xa levamos uns aniños participando desta festa tan bonita adicada ao noso benquerido Apalpador! Este ano non iamos ser menos! 

 O venres 23 de decembro o Casco Vello de Vigo prepárase para recibir á figura máis senlleira do Nadal galego! Obradoiros, contacontos, música, baile, castañas e moitas máis sorpresas para recibir ao Apalpador!! 
Botádelle un ollo ao cartaz tan bonitiño e non perdades detalle de tódalas actividades:


Ademais sodes moitas e moitos @s que preguntades onde podedes facervos cunha camisola do Apalpador, pois o venres estarán á venda por 10 euriños. Bulide porque... quítannolas das mans!! 

martes, 20 de diciembre de 2016

Este nadal... MOITA BARAFUNDA!!


Aquí vos deixamos parte da programación barafundeira para desfrutar destas datas en familia!!



E tamén os obradoiros que temos preparados para @s máis peques da casa!! 



jueves, 28 de noviembre de 2013

Pepiña Maruxiña quere voar, o libro!!

Por fin podemos anunciar que Pepiña Maruxiña quere voar xa é un conto ilustrado!!




Moitos coñecedes a historia desta xoaniña a través do noso contacontos, que xa leva nada máis que catro anos percorrendo auditorios, centros escolares, festas privadas... de toda Galicia.




Dende Barafunda editorial, no noso compromiso coa literatura infantil en galego, estivemos moitos meses traballando neste novo proxecto. Pepiña Maruxiña quere voar é o noso terceiro conto infantil ilustrado e agardamos que teña o mesmo éxito que os anteriores.



Para a súa presentación estaremos venres, sábado e domingo no Culturgal 2013 (Pazo da Cultura de Pontevedra). Alí o poderedes adquirir en primicia mentres non chega ás máis de 100 librerías de toda Galicia polas que o distribuiremos. 





No noso stand, ademais de amosar o noso traballo realizaremos diferentes actividades para todos vós: maquillaxe infantil, visita do Apalpador, obradoiro de globoflexia... 



Agardamos veros a todos no noso espacio do Culturgal! Como aperitivo, aquí vai o vídeo promocional do noso novo proxecto:







Agardamos que vos guste tanto como cariño puxemos para facer realidade este conto :)

jueves, 14 de noviembre de 2013

III Xira Interestelar

Como algúns sabedes, tódolos anos facemos un percorrido por distintas vilas galegas para que os nosos espectáculos cheguen a todos vós.  A este percorrido chamámoslle "XIRA INTERESTELAR", e xa imos pola terceira edición!!
Este ano, como novidade, engadimos novos espectáculos!!

As datas para esta III Xira Interestelar son:

20 de outubro, Pepiña Maruxiña quere voar, en Arbo:



17 de novembro, A maxia de Xabi, en Cotobade:


23 de novembro, A maxia de Xabi, en Mondariz:



24 de novembro, KeTKjas, en Gondomar:



Con entradas populares (2,50€ para Gondomar, 3€ para o resto de actuacións) para que ninguén quede sen gozar dos espectáculo!!


Agardámoste!!!

miércoles, 21 de agosto de 2013

Novo vídeo do espectáculo KeTKjas

Trala súa estrea o 5 de maio deste mesmo ano, aquí ensinámosvos o vídeo do noso espectáculo KeTKjas. 

Un novo show para toda a familia, en especial para os máis pequenos. Da unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño. O aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, se o fai o pallaso Pico. Dende unha perspectiva escatolóxica chea de humor e tenrura, a caca, o cu, o peido e o pis, cobran un novo significado.




¿Que vos parece?